Partidos cada vez máis difíciles para os nosos infantís.
Enfrontabanse a un coñecido BM Arteixo que non dubidou en espoñer todo o seu potencial dende un principio.
Os nosos guerreiros demostran moi bo futuro neste deporte porén as dificultades do primeiro ano nesta categoría da 2°fase fai que vemos un nivel superior nos tantos equipos con infantís de 2°ano.
Temos que tomalo coma un momento de transición e non desperarnos, os frutos van a vir e os nosos gladiadores demostrarán todo o seu potencial de cara a vindeira tempada.
Final do encontro 22-37 para os visitantes que no final aproveitaron a poñer aos futuros xogadores desta categoría de cara ao ano próximo.
A tarde comenzou con un partido entre as nosas infantis e un combinado senior formado por moitas das nais do clube.
Todas saliron da pista con moitoas ganas de volver a repetir a experiencia
Partido dos senior desta finde contra os nosos veciños pontedeumeses.
O encontro comezaba con un rotundo 3-0 nos primeiros minutos ao noso favor, pero a lesión fortuita do noso pivote fixo que nos viñeramos abaixo de tal forma que recibimos un parcial de 0-7 en 5 minutos.
As distancias cada vez aumentaban máis no marcador e os nosos xogadores non reaccionaban a tales ataques rápidos dos de Pontedeume que viñan con todo o seu arsenal para non desprenderse do 3° posto da clasificación.
A falta de efectivo e de adestramentos nos está a pasar factura e posiblemente xeren tomas de decisións de cara a recta final do campionato.
Se non se prenden ben os eslabón nunha cadea posiblemente esa rompa por algún sitio. Este equipo, e clube, lle queda moito que falar sobre as pistas. Aquí non se tiran as toallas coma nos rings.
As lineas comezan por un principio e acaban por outro e esta seguirá alargándose estea o non estea a tinta do bolígrafo.
A seguir remando a contra corrente!!!
Enlace a los Partidos: Nais & Fillas Infantiles