Os Alevins xogaron o sábado no Pabellón de San Francisco Xavier mentres que os mais pequerechos xogaron o Domingo pola mañan en Abegondo onde disfrutaron e fixeron disfutar a todos os presentes nas gradas.
Os nosos infantís desplazabanse a Carballo para xogar o 3° encontro contra o BM Xiria.
Na primeira metade do encontro os aires olían a vitoria porén uns desacertos en ataque debido á boa actuación do grada meta local facía que os nosos xogadores se viñan abaixo e non se vían capaces de remontar o marcador.
Unha defensa moi activa na primeira parte que demostrou melloría en varios postos.
17-16 resultado para os locais a metade do encontro e 41-31 ao final.
Unha 2° fase que nos trasmite novas sensacións non obtidas nun principio e donde os nosos guerreiro aprenderan diferentes maneiras de xogos defensivos e ofensivos de cara a vindeira tempada.
Desprazamento e madrugón dominical para os nosos senior que visitaban aos de Moaña para intentar conquistar dous postos na clasificatoria.
O partido comezaba con un moi bo aspecto para os nosos pero a falta de ritmo e de adestramento nos facían pasar a un marcador negativo de 2 goles en contra debido a precipitacións en ataque non finalizadas en goles para os nosos, pero sí en goles para os de Moaña.
Un grave golpe recibido nunha rodilla a un xogador noso fixo que houbo que cambiar a alineación de principio da 2° parte, demasiadas pérdidas de balóns facían numerosas contras dos anfitrións, e canto máis avanzaba o partido máis se nos facía remar a contra corrente ata que nun momento conseguimos poñernos a 5 goles e polo menos demostrar que a veces somos un equipo con carácter e paixón por este deporte.
O final do partido acabou con un resultado bastante inxusto para nós con 36-28 para Moaña.
Debemos retomar conciencia para a próxima tempada se queremos agradar o proxecto comezado por esta directiva e corpo técnico.
Forza Linea 21!!!
As «conquistas» non se gañaron coas primeiras andaduras, senón con esforzo, sacrificio, sufrimento e moito traballo, senón isto sería demasiado fácil e perdería todo o seu mérito.
Sigamos remando!!!
Enlace a los Partidos: Infantiles