24/04/21 Nova Xornada L21

Esta fin de semana o benxamin mixto desprazouse o sábado 24 ata Puentedeume para xogar a primeira xornada da segunda fase. Nesta xornada, xogaríanse dous partidos, primeiro contra xs locais Puentedeume e despois contra o Brigantium. O primeiro partido comezou algo lento para xs do Línea costoulles entrar e dinámica pero unha vez que se adaptaron, comezaron a desenvolver moi ben o seu traballo. Tanto é que foi así que o partido rematou cun marcador de 6-10 para o Línea 21.

O segundo encontro que se disputaba contra o Brigantium xs nosxs pequechxs seguiron ca súa dinámica de xogo, neste partido moito mais cómodxs e relaxadxs, xogando moi tranquilxs. Así foi que rematou o encontro cun marcador de 4-12 para o Línea. Esta fin de semana estuvo cargada de victorias para as categorías base, onde todxs elxs puideron disfrutar do bonito que ten o balonmán.
Para a semana que ven, é o Línea 21 quen recibe a terceira e cuarta xornada desta segunda fase. Desprazaranse ata Novomesoiro o Culleredo, Puentedeume e o Brigantium para disputar estas respectivas xornadas.

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es IMG_4651-1024x768.jpg

Mentras en Mesoiro os nosos cadetes xogaban contra o BM Arteixo, un partido que empezou a favor dos nosos pero que pouco a poucu o rival foi sumando goles no marcador levandose a victoria.

Os senior enfrentabanse a o BM Moaña, un partido crucial para ambos equipos xa que xoganbase a palza para disputar a fase de ascenso. Depois de un partido moi inteso o BM Línea21 gaño o encontro.

Forza Linea

24/04/2021 Xornada chea de encontros

A fin de semana para o Línea 21 arranca cunha victoria por parte do alevin mixto, que hoxe venres disputaba unha xornada de liga contra o Culleredo mixto feminino. O encontro foi de menos a mais para os do Línea, intentando acomodarse dentro do seu xogo habitual. Comezaron o seu xogo algo distraidxs, aínda que pouco a pouco foron entrando no partido sempre sen descoidar o marcador. Na defensa, cabe destacar algún erro dos cales foron decisivos para as locais que atoparon clara ocasión de gol. Eses erros defensivos así como de ataque non foron problema para que os do Línea levaran a voz cantante durante todo o encontro, con pequenas variacións no encontro pero sempre marcando os ritmos.No ataque, a facilidade de roubos e subidas os contraataques como, o xogo rápido e fácil na busca de espazos libres foron as decisión clave para sentenciar o final, onde o Línea 21 gaña cun marcador de 4-12. 
Para a fin de semana que ven o Línea 21 centrase en recibir na casa o Lucense, será un partido reñido e xusto polo que os locais deberán de sacar o seu lado mais competitivo.

17/04/2021 Xornada Alevin en Mesoiro e Benxamin en Tarrio

Esta fin de semana o Alevin mixto Línea 21 recibia na casa o Abegondo, partido asequible para os locais.
Comezaba o encontro no que o Línea 21 saía moi metido, realizando unhas boas presións e roubos de balóns.O xogo rápido e dinámico dos locais comezaba a facer dano os visitantes no seu marcador. O partido viase con un gran ritmo pautado polos locais. No ataque, presentabase cun xogo fluído con desmarques e xogo sen balón, xerando espazos detrás da defensa. Ademais dende os extremos atoparon grandes oportunidades de gol. Na defensa, mantiñanse presionantes e intensos, sen darlle moito pé os visitantes a poder atopar claras ocasións de gol.
Finaliza o encontro 12-4 para os locais, encontro no que deixaron ver realmente o gran potencial deste gran equipo.

Os benxamins disputaron a su xornada o Domingo en Tarrio

Himno do club

Temos o placer de podervos presentar un proxecto que leva moito tempo sendo un forte desexo na mente dos nosos. Aquí vos deixamos a cación oficial do BM Línea21: FENIX.

Esperamos que sexa tan especial para vós como o é para nos. Agradecementos a @eleloisito pola composición e gravación deste proxecto e a @matt.orion85 por poñer a súa voz.

Pinchade ná foto para escoitalo:

Se queres aprender a tocar a guitarra pincha AQUI

Luns 18 as 18:30 videoconferencia con….

Nesta ocasión o clube púidose deleitar cos relatos de tres xogadores con pasados balonmanísticos e persoais fortemente ligados entre sí, ó ter sido xogadores do mesmo equipo, pero con actualidades distintas.Presentábase por primeira vez para algúns integrantes do noso clube Cristian Remeseiro, xogador do clube de División de Prata SD Teucro, o cal fíxonos coñecedores da súa traxectoria como xogador, comezando nas categorías inferiores do Oviedo e continuando no Clube Balonmán Ártabro tras o seu desprazamento a Galicia antes de acadar un posto titular no seu equipo actual. Cristian contounos cómo era a situación de vivir fóra do seu fogar e de xogar nun equipo de tanto nivel xunto a Jacobo Río e alentaba ós pequenos do noso clube a antepoñer os estudos a calqueira outra cousa.Seguíalle na reunión Jacobo Río, que comezou a súa carreira balonmanística no Club Balonmán Oleiros, seguindo no Clube Balonmán Ártabro, onde compartiu camiseta cos outros dous integrantes da conversa, para terminar facéndose un oco no SD Teucro xunto a Cristian Remeseiro. Jacobo compartiu as palabras de Cristian, facendo fincapé na novedade que supoñía o ser un xogador profesional frente ós seus humildes comezos como xogador do Ártabro. Tamén dixo que a rutura do Ártabro casi o fai abandoar a súa carreira balonmanística, pero como despois de darse conta da súa pasión polo balonmán o fixo incorporárse ás filas do BM Línea 21 durante un ano antes de continuar xogando no seu equipo actual.Como terceiro integrante desta reunión presentábase Eloi Caamaño, coñecido entre todos os integrantes deste clube por ser xogador do equipo Senior e por competir codo a codo xunta Cristian e Jacobo no Clube Balonmán Ártabro. Eloi puido contar cómo a disolución do seu equipo, o comezo dous seus estudos universitarios e o seu vínculo ca música fixeron que casi deixara o balonmán, pero tras ver a oportunidade de axudar ó noso clube e de darse conta do seu amor polo balonmán decidiu seguir xogando.

A reunión concluíu cun sorteo de roupa que levou a cabo Cristian Remeseiro, no que cada asistente da reunión puido levarse unha prenda do xogador do SD Teucro.