Nesta ocasión o clube púidose deleitar cos relatos de tres xogadores con pasados balonmanísticos e persoais fortemente ligados entre sí, ó ter sido xogadores do mesmo equipo, pero con actualidades distintas.Presentábase por primeira vez para algúns integrantes do noso clube Cristian Remeseiro, xogador do clube de División de Prata SD Teucro, o cal fíxonos coñecedores da súa traxectoria como xogador, comezando nas categorías inferiores do Oviedo e continuando no Clube Balonmán Ártabro tras o seu desprazamento a Galicia antes de acadar un posto titular no seu equipo actual. Cristian contounos cómo era a situación de vivir fóra do seu fogar e de xogar nun equipo de tanto nivel xunto a Jacobo Río e alentaba ós pequenos do noso clube a antepoñer os estudos a calqueira outra cousa.Seguíalle na reunión Jacobo Río, que comezou a súa carreira balonmanística no Club Balonmán Oleiros, seguindo no Clube Balonmán Ártabro, onde compartiu camiseta cos outros dous integrantes da conversa, para terminar facéndose un oco no SD Teucro xunto a Cristian Remeseiro. Jacobo compartiu as palabras de Cristian, facendo fincapé na novedade que supoñía o ser un xogador profesional frente ós seus humildes comezos como xogador do Ártabro. Tamén dixo que a rutura do Ártabro casi o fai abandoar a súa carreira balonmanística, pero como despois de darse conta da súa pasión polo balonmán o fixo incorporárse ás filas do BM Línea 21 durante un ano antes de continuar xogando no seu equipo actual.Como terceiro integrante desta reunión presentábase Eloi Caamaño, coñecido entre todos os integrantes deste clube por ser xogador do equipo Senior e por competir codo a codo xunta Cristian e Jacobo no Clube Balonmán Ártabro. Eloi puido contar cómo a disolución do seu equipo, o comezo dous seus estudos universitarios e o seu vínculo ca música fixeron que casi deixara o balonmán, pero tras ver a oportunidade de axudar ó noso clube e de darse conta do seu amor polo balonmán decidiu seguir xogando.
A reunión concluíu cun sorteo de roupa que levou a cabo Cristian Remeseiro, no que cada asistente da reunión puido levarse unha prenda do xogador do SD Teucro.