CRÓNICAS XORNADA 2/3 DECEMBRO

SENIOR : BM LINEA21 Lignum Plus

Probamos o novo tecido da camiseta con bos resultados.


Partido en casa do Moaña, a priori ía a ser un partido complicado e así foi. 1ªparte marcada polas exclusións, estivemos 10 min con un menos, a pesar diso mantivémonos no resultado empatados.
Na 2ª parte tivemos un baixòn e se nos foron de 3, pero o equipo creceuse, e uneuse máis que nunca facendo accións rápidas e conseguindo así a vitoria nunha pista complicada. 27-30 que nos mantén líderes unha semana máis.

CADETES : BM LINEA21 Reformas Coruña SL 2021

BM linea21 Reformas Coruña SL 2021 – Oar Coruña 27
A pesar de estar loitando durante todo o encontro mantendo diferenzas de 1 gol, o encontro escapase nos últimos intres polas perdas de balóns nos minutos finais.
Pódese destacar a melloria defensiva do equipo, que durante a maior parte do encontro dificultou os ataques visitantes.

INFANTIL PLATA : BM LINEA21 Academia Pluralia

Bm Linea21 Academia Pluralia 42 – 17 Oar Coruña 1952
Gran partido realizado polos nosos infantís de primer ano no que no que imprimiron un gran ritmo en ataque e realizaron unha gran defensa. Destacar a gran participación de todos os alevíns e sobretodo o gran partido de Gabi en portería.

ALEVÍN 7 : BM LINEA21 Restaurante Cho

Partido contra Punta Del Este Xiria onde conseguimos gañar tres dos catro cuartos. Grandes actuacións tanto no ataque coma na defensa fixeron posible a victoria nos dous primeiros cuartos, no terceiro os contrarios saíron con máis intensidade ocasionando algúns problemas que desembocaron no empate do cuarto. Ao final os nenos continuaron esforzándose e conseguiron a victoria no último cuarto.

ALEVÍN 5 : BM LINEA21 Autos Pallas

Os nosos alevins enfrontabanse co Arteixo Feminino, un partido a priori intenso.
As nosas expectativas non erraron, posto que as rapazas do Arteixo non nolo puxeron facil. Inda asi, saimos empatados dun partido no que os rapaces comezan a mellorar a pasos axigantados. Seguiremos traballando para ser os mellores.

ALEVÍN 5 : CEIP BM LINEA21

As nosas guerreiras xogaron frente o Arteixo, un dos mellores partidos, a pesar da derrota plantaron cara en todos os cuartos, e fixeron un gran traballo defensivo, e lograron cambiar de actitude para atacar e ir a porteria. Unha semana mais de aprendizaxe que pouco a pouco xa se van vendo resultados.

BENJAMÍN : BM LINEA21 A2ic Servicios

O sábado o equipo mais cativo do clube enfrontouse ao líder da clasificación O Petisco Arteixo, dada a diferencia de idades e de experiencia o noso equipo solo puido lograr o empate no último cuarto, onde xogaron os mais maiores do equipo. Falta seguir mellorando a defensa e a concentración de cara ao próximo encontro.