CRÓNICAS XORNADA 25-26 NOVEMBRO

SENIOR : BM LINEA21 Lignum Plus

Enfrontamento contra o 2º clasificado, que viña con lesións e poucos xogadores. Aínda así, na 1ª parte non conseguíamos separarnos no marcador a pesar das oportunidades. Na segunda parte seguimos implantando un ritmo elevado que foi o que nos fixo escaparnos no marcador ata acabar o final 38-25. Vitoria que nos sitúa no alto da clasificación.

CADETES : BM LINEA21 Reformas Coruña SL 2021

O equipo cadete afrontaba na mañá do sábado un partido a priori complicado debido a diversas baixas. O partido estivo marcado por unha temprana descalificación directa moi dubidosa de Miguel Álvarez antes do minuto 10, que deixaba os nosos cadetes sen cambios para o resto do encontro. Con todo isto realizaron un gran encontro no que a pesar de lidiar con moitas exclusións dubidosas loitaron ata o final o encontro perdendo tan só por un gol de diferencia.

INFANTIL ORO : BM LINEA21 Transgalo

Empate nos últimos segundos para os nosos infantís que non estiveron no encontro en ningún momento, moitas imprecisións e erros pouco habituales.
Destacamos os bo encontro realizado por Aitor que levou o peso do encontro en momentos importantes.

NFANTIL PLATA : BM LINEA21 Academia Pluralia

O noso equipo afrontaba este encontro coa ilusión de sumar dous novos puntos a pesar de ter diversas baixas. Chegouse ao descanso cunha desventaxa dun tanto; resultado ao que rápidamente se lle dou a volta cunha defensa moi activa e presionante en busca de provocar erros no equipo rival.
Destacar a gran aportación de todos os alevíns convocados neste encontro e o debut de Roi.

ALEVÍN 7 : BM LINEA21 Restaurante Cho

Difícil partido contra o Bm Culleredo Ascor Consulting. Cos tres primeros cuartos marcados por erros tanto no ataque coma na defensa os nosos xogadores non foron quen de facer fronte ao equipo contrario perdendo nas tres partes. No último cuarto sairon con maior intensidade pero con todo non foi suficiente para gañar a última parte.

ALEVÍN 5 : BM LINEA21 Autos Pallas

Os nosos alevíns enfrontábanse a uns dos rivais máis duros do grupo, o OAR. A pesar dun resultado 4-12 para o oar, os nosos pequenos loitaron e defenderon o seu como ben saben. Toca seguir traballando, pero o balance é positivo.

ALEVÍN 5 : CEIP BM LINEA21

Partido fronte ao Liceo, no que as guerreiras loitaron en todo momento, a pesar de non conseguir gañar ningún cuarto, deron un pasiño máis no aprendizaxe, defendendo moito mellor e enfocándose en ir a portería.

BENJAMÍN : BM LINEA21 A2ic Servicios

Este fin de semana o equipo benxamín xogou contra o Liceo, gracias a unhas moi boas paradas de Mateo e os goles de Carlos e Martín o equipo logrou gañar tres cuartos, toca entrenar duro esta semana para prepararnos para xogar contra o líder.