Os catros xogadores do Linea 21 viviron unha extraordinaria experiencia en Catalunya, onde representaron a Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA).
Raquel Ortiz conseguiu unha merecida medalla de bronce xunto ás súas compañeiras da selección infantil feminina. Manuel Caamaño e Aitor Vidal igualaron o resultado coa selección masculina infantil, e Derek Ortiz logrou unha meritoria medalla de prata tras unha final moi disputada.
Tres medallas que enchen de ilusión e fortalecen todo o deporte coruñés.