Academia Pluralia Bm Linea 21 (40) Bm Ribadosar.Es (19)
Na mañá do domingo o equipo infantil recibía ao equipo veciño de Santiago co obxetivo de resarcirse da derrota na primeira fase e demostrar a melloría no xogo dende o comezo da tempada. O equipo saiu moi enchufado en defensa e coas ideas moi claras collendo unha ventaxa inicial amplia basada nunha gran defensa e cun ataque fluído dando sempre un pase máis ; chegando ao descanso co resultado de 18-10. Na segunda parte os nosos infantís quizáis saíron cun exceso de relaxación debido a vantaxe ; recibindo 7 goles nos primeiros 12 minutos. Tras un tempo morto que serviu para aclarar as ideas , voltaron a amosar a súa mellor versión recibindo só 4 goles máis ata o final do encontro ; chegando a un resultado final de 40-19.
Con esta victoria os nosos infantís seguen con pleno de victorias nesta segunda fase. Esa semana visitarán ao Balonmán Porriño ; conxunto que se encontra nos primeiros postos da clasificación e seguro que ambos conxuntos darán un gran espectáculo.
CRÓNICA ALEVÍN7
BM Linea 21 Restaurante Cho 6 – Garaysa Xiria 10
Encontro dos alevíns 7 marcado pola cantidade de nervios dos nosos xogadores.
Despois dun primeiro encontro no que sacamos un empate, o exceso de ansiedade e as precipitacións fixeron que os nosos rapaces nos demostraran o xogo ao que nos teñen acostumados.
Con este resultado quedamos clasificados entre os 4 primeiros de cara a seguinte fase.
CRÓNICA SENIOR
BM Bueu 32 -Bm linea 21 Lignum plus 26
O domingo pola tarde desplazamos aos senior a Bueu para a disputa das semifinais de Copa.
O encontro estivo predominado polos constantes erros tanto ofensivos coma defensivos.
O equipo non foi quen de aproveitar as numerosas superioridades numéricas ò longo do encontro.
Felicitar ao Bueu polo gran encontro realizado.
Esta semana recibimos ò Bueu no primeiro encontro da fase polo título, desexamos ver a mellor cara do noso equipo.
CRÓNICA ALEVÍN 7
BM Culleredo 4 – BM Linea 21 Restaurante Cho 11
O domingo os nosos alevíns visitaban o pavillón de Almeiras pa disputar o penúltimo encontro desta primeira fase.
Coma xa nos teñen acostumados a boa actuación tanto en defensa coma en ataque dificultaba moito o xogo do equipo cullerdense.
Esta semana recibimos ò Xiria no que sería o último encontro desta primeira fase.
CRÓNICA BENXAMÍN
Os nosos pequenos enfrontábanse contra o Bm Culleredo onde os nosos contrincantes mantiveron un nivel de xogo moi superior durante todo o encontro.
A pesar do 4-12, os nosos pequenos loitaron e deron a cara como solo eles saben amosando a cara mais loitadora qe tanto os caracteriza.
Toca seguir aprendendo e mellorando cousas nos adestramentos para seguir nesta linea.
CRÓNICA INFANTILES
Balonmán Arousa (23) Academia Pluralia Bm Línea 21 (27)
Na mañá do domingo o equipo coruñés desplazábase a Arousa nunha saída a priori complicada na que os nosos infantiles necesitaban a victoria para seguir na cabeza da táboa clasificatoria .
O Bm Línea 21 saliu ò partido moi centrado en labores defensivas fortes no 1vs1 e con interceptacións de gran mérito. No ataque durante a primera parte cabe destacar a un pletórico Miguel Álvarez
no 1vs1 no que os defensores locais non eran capaz de frenar, obrigando o entrenador local a pedir tempo morto.
Durante a segunda parte a tónica foi a mesma e a pesar de ter poucos cambios e un tramo de nervios o equipo de Mesoiro supo xogar con templanza e levar estes dous importantes dous puntos.
Esta semana os nosos infantís reciben ao Balonmán Ribadosar con ganas de seguir demostrando o aprendido nós adestramentos e resarcirse da derrota contra o equipo de Santiago na primeira fase de liga.
CRÓNICA SENIOR
BM linea 21 Lignum Plus 36- balonmán Camariñas 21
Con esta victoria rematamos a primera fase da liga coma líderes do noso grupo.
Polo que a clasificación da seguinte fase queda desta maneira.
1. Atletico Guardes 12 puntos
2. BM linea 21 Lignum Plus 9 puntos
3. BM Narón 9 puntos
4. UB lavadores 8 puntos
5. BM loriga 6 puntos
6. Sanxenxo balonmán 4 puntos
7. Balonman Miño 0 puntos
8. Bueu 0 puntos
O primeiro encontro da fase final comezará a fin de semana do 4-5 de marzo.