CRÓNICA INFANTÍS

Academia Pluralia Bm Linea 21 (40) Bm Ribadosar.Es (19)
Na mañá do domingo o equipo infantil recibía ao equipo veciño de Santiago co obxetivo de resarcirse da derrota na primeira fase e demostrar a melloría no xogo dende o comezo da tempada. O equipo saiu moi enchufado en defensa e coas ideas moi claras collendo unha ventaxa inicial amplia basada nunha gran defensa e cun ataque fluído dando sempre un pase máis ; chegando ao descanso co resultado de 18-10. Na segunda parte os nosos infantís quizáis saíron cun exceso de relaxación debido a vantaxe ; recibindo 7 goles nos primeiros 12 minutos. Tras un tempo morto que serviu para aclarar as ideas , voltaron a amosar a súa mellor versión recibindo só 4 goles máis ata o final do encontro ; chegando a un resultado final de 40-19.
Con esta victoria os nosos infantís seguen con pleno de victorias nesta segunda fase. Esa semana visitarán ao Balonmán Porriño ; conxunto que se encontra nos primeiros postos da clasificación e seguro que ambos conxuntos darán un gran espectáculo.

#linea21#somosl21#novomesoiro