CRÓNICAS XORNADA 11 NOVEMBRO

SENIOR : BM LINEA21 Lignum Plus

Encontro clave contra Tui un dos favoritos da categoría.1ª parte realizamos un xogo moi rápido e fluido con boas actuacións defensivas, chegando a irnos de 5 e acabar 3 arriba no descanso. Na 2ª parte fomos o seu xogo, en defensa nos sacamos do partido e conseguiron a falta de 4 minutos estar 3 arriba. Unha boa reacción fixo que acabáramos empatando o partido. E a tempo cumprido o penalti parado por Diego fixo que quedara un punto en casa, valioso para seguir invictos. Final 27-27

CADETES : BM LINEA21 Reformas Coruña SL 2021

Enfrontabámonls ao Lucense con resultado final de 30-41. Reaccionamos tarde na primeira parte con un inicio de 0-5, conseguimos meternos en partido ata poñernos a dous tantos.Pero novamente os erros fixeron que se foran. Na segunda parte a mesma dinámica de partido onde non supemos recortar distancias. A pesar disto melloramos en ataque con respecto aos anteriores partidos e a seguir aprendendo e medrando. Resaltar o gran partido de Victor, noraboa por esos 15 tantos.

INFANTIL ORO : BM LINEA21 Transgalo

Bm Linea 21 Transgalo 35 – Ferlovi Carballal Balonman 30O sábado a tarde os infantís de liga Ouro disputaban a 4ª xornada de liga ante os últimos clasificados. A pesares da diferenza na clasificación a nivel deportivo, o equipo vigués intentou loitar durante todo o encontro os 2 puntos, poñendo en dificultades os nosos rapaces por momentos. O equipo comezou ben na defensa que a pesar de certos desaxustes; os cales facilitaban os lanzamentos dos visitantes, a pesar de esto o equipo foi quen de saber manter a ventaxa durante todo o encontro e rematou con 2 puntos máis.

INFANTIL PLATA : BM LINEA21 Academia Pluralia

Bm Linea21 Academia Pluralia 30 – Millaven Cp Lucense 35.Partido difícil na que os nosos infantís se toparon con unha defensa moi férrea e ben sentada dende os primeiros minutos. Isto trouxo consigo un ataque dubitativo que permitía ao equipo de Lugo distanciarse no marcador. Con todo isto os nosos infantís intentaron darlle a volta ó marcador pero hai días en que as cousas non salen. Esta semana non hai competición polo parón de seleccións autonómicas ; tendo o seu próximo partido dentro de 2 semanas visitando ao Bm Ribadosar.

ALEVÍN 7 : BM LINEA21 Restaurante Cho

Vitoria dos nosos en Carballo contra Aguas do Paráño Xiria.Despois dos erros da xornada pasada os nosos xogadores puideron arranxalos neste partido cunha defensa máis intensa e solidaria unido a un ataque máis grupal que os fixo gañar os catro cuartos.

ALEVÍN 5 : BM LINEA21 Autos Pallas

Na xornada do sabado os nosos alevíns enfrontábanse ao Insplaber Xiria, uns rivales que se amosaban bastante fortes, dificultándonos o primeiro cuarto. Os últimos tres cuartos despois de sacar o mellor de nós, destacando a actuación dos benxamíns Martin e Carlos no seu primeiro partido, conseguimos un parcial final 6-10 no que os nosos nenos superon resolver un partido complicado.

ALEVÍN 5 : CEIP BM LINEA21

Encontro frente a OAR das nosas guerreiras que afrontaron un encontro duro, que lles valeu para aprender un pouco máis deste deporte. As nosas rapazas gañaron un cuarto moi valioso para elas demostrando o coraxe e as ganas que teñen, que ninguén lles quitará. Seguimos crecendo e mellorando dunha semana a outra.

BENJAMÍN : BM LINEA21 A2ic Servicios

Seguimos cos partidos dos nosos pequenos, este fin de semana tocounos enfrentarnos ao OAR. Comezou o partido con moitas pérdidas de balón e moitos fallos na portería, cousas que o equipo contrincante aproveitou gañando así os dous primeiros cuartos. No terceiro cuarto, saíron máis concentrados ao partido intentando mellorar esos pases e esos tiros, máis non foi ata o último cuarto que esas melloras deron resultado. Estamos contentos do disfrute dos nenos nenos, pero tócanos seguir mellorando esos erros.

CRÓNICA BENXAMIN 7-11-23

Esta fin de semama os nosos pequenos do Linea 21 Reformas Coruña enfrontábanse ao Bm Gas Abegondo. O partido rematou nun 9-7 para os nosos, aínda que non nos acabamos de amoldar á forma de xogo dos nosos rivais.
O primeiro e o terceiro cuarto resultaron un respiro para os nosos, pois foron os que nos axudaron a vencer. O segundo rematou en empate e o último, onde cansanzo e fatiga fixeron mella, rematou en victoria para os nosos rivais.

#linea21#somosl21#novomesoiro

CRÓNICA SENIOR 14/16 ABRIL

Esta fin de seman tivemos un doble enfrontamento ante o Sanxenxo Balonmán.
Ambos encontros acabaron coa victoria para os nosos.
O sábado en Sanxenxo os senior demostraron todo o potencial ofensivo, facendo imposible que a defensa do equipo local fóra quen de parar as rápidas contras.
O domingo na casa o encontro transcurriu con outro guión. Axustes defensivos do equipo de Sanxenxo dificultou moito máis o xogo.
4 puntos vitales para seguir na loita polo ansiado ascenso

#linea21#somosl21#novomesoiro