CRÓNICAS 25/1


CADETE
O BM Línea 21 Arealonga Clínica Veterinaria caeu ante o Hierros Varela Urbieta Xiria por 39-33. A pesar do resultado, o equipo competiu con valentía durante todo o encontro, sen baixar os brazos. Comparado coa derrota por 20 goles na primeira volta, este resultado reflicte o progreso dos nosos rapaces, que seguen traballando duro para acadar a tan esperada vitoria



ALEVÍN 7
BM Culleredo Canedo 8-8 BM Linea 21 Auto Escola Copaco
Difícil encontro dos nosos nenos onde foron os rivais os que levaron a dianteira ao inicio conseguindo gañar os dous primeiros cuartos, inda así os nosos xogadores non se rendiron e sairon cunha maior intensidade defensiva e ofensiva conseguindo acadar a victoria nos terceiro e cuarto cuartos.

BENXAMÍN
Clinica Dental Maria Gomez Xiria 12-4 Bm Linea 21 Webko.Net
Partido dos nosos ante un bo rival, que soupo aproveitar os erros tanto defensivos coma nos pases. Destacar os goles de Roi. Pouco a pouco chegaran os resultados.

Os nosos gañadores do CESA 2025!!! Noraboa Rachel, Manu, Aitor e Derek. Todo un orgullo para o noso clube

Os catros xogadores do Linea 21 viviron unha extraordinaria experiencia en Catalunya, onde representaron a Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA).

Raquel Ortiz conseguiu unha merecida medalla de bronce xunto ás súas compañeiras da selección infantil feminina. Manuel Caamaño e Aitor Vidal igualaron o resultado coa selección masculina infantil, e Derek Ortiz logrou unha meritoria medalla de prata tras unha final moi disputada.

Tres medallas que enchen de ilusión e fortalecen todo o deporte coruñés.

CRÓNICAS 18-19/1

SENIOR
Bm Linea 21 Lignum Plus 35-29 U.B. Lavadores. Encontro da 2ª volta na que temos claro que hay que loitar ata o final, inciámos o partido facendo un xogo rapido con moita claridade indo o descanso con unha ventaxa no marcador. A segunda parte a pesar de ter un pequeno baixón, supemos repoñernos e loitar para manter e incrementar esa diferencia. Victoria moi importante e agora solo queda seguir loitando

CADETE
BM Línea 21 Reformas Coruña 43 -BM Abegondo 33
Gran victoria de BM Línea 21 tras un partido muy trabajado. Los cambios en defensa empiezan a dar sus frutos, y en ataque el equipo estuvo inspirado, con todos sumando para el resultado final. Un paso adelante en el juego colectivo y en la confianza del equipo.

BM Ribadosar 40 – BM Linea 21 Arealonga 35
Derrota na saída a santiago. A pesar de ser capaces de facer un bo encontro durante 55 min, unhas exclusións nos últimos minutos fixo que o equipo de Santiago levará os 2 puntos. Toca seguir traballando, as victorias chegarán.

INFANTIL MASCULINO OURO
Balonmán Línea 21 Transgalo 34-28 Valinox Novas 28.
2 puntos importantes que suman os nosos infantís en categoría Ouro e manteñen ao equipo na metade da táboa. A vindeira fin de semana recibirán ao seu rival directo BM Culleredo óptica Gallaecia.
Ánimo rapaces!

INFANTIL FEMININO
Telepizza Arteixo 27-26 Bm Linea 21 Mi Barrio encontro moi igualado, na que a nosas foron mais guerreiras que nunca, lointándo e remontando no tramo final incluso ter opcion de empatar. Un encontro no que todas foron participes e loitaron por esa victoria.

INFANTIL MASCULINO PRATA
Bm Línea 21 Fixman 24-35 Oar Coruña 1952.
Derrota para os nosos infantís que seguirán adestrando para mellorar día a día

ALEVÍN 7
Bm Linea 21 Auto Escola Copaco 12-4 BM Brigantium Nunegal
Encontro onde os nosos nenos tiveron unha grande intensidade na defensa e no ataque levando a dianteira durante os cuatro cuartos conseguindo a victoria.
Bm Linea 21 Auto Escola Copaco 6-10 Colegio Liceo La Paz Verde BM 7
Partido complicado para os nosos xogadores que debido aos erros cometidos e unha maior intensidade do rival fixeronnos perder os dous primeiros cuartos. Na terceira parte os nosos nenos sairon con mais forza e conseguiron ganar o cuarto, inda así non puideron aguantar o ataque do rival perdendo o cuarto cuarto.



ALEVÍN 5
Bm linea 21 Academia Pluralia 6- Oar Ciudad 1952 10.
Partido que os nosos alevíns comezaron con moitas ganas, feito que nos permitiu ganar un cuarto e loitar ata o último segundo do último e case levar o empate. Seguiremos con estas ganas que, de seguro nos traian moitos éxitos

BM Ribadosar 40 – BM Linea 21 Arealonga 35
Derrota na saída a santiago. A pesar de ser capaces de facer un bo encontro durante 55 min, unhas exclusións nos últimos minutos fixo que o equipo de Santiago levará os 2 puntos. Toca seguir traballando, as victorias chegarán.

BENXAMÍN
Bm Linea 21 Webko.net 6-10 Colegio Liceo La Paz
Partido fronte o líder da liga, no que os nosos rapaces perderon tres cuartos e lograron gañar un. O rival era bastante superior pero o bo xogo colectivo permitiu acadar esa vitoria. Destacar a volta das familias as gradas e a gran melloria dos nosos.
Bm Pontedeume 6 – Bm Linea 21 Mapfre Los Mallos 10
Os nosos benxamíns comezaron o partido un pouco despistados e perdendo balóns, feito que os de Pontedeume aproveitaron para meter goles. Mais souberon correxir esos erros e levar a victoria nos outros tres cuartos.

CRÓNICAS 11-12/1


SENIOR
Bm Linea 21 Lignum Plus 27-29 Pavimentos Rias Baixas Bueu. Dura derrota para poder engancharnos no playoff. Un encontro moi igualado que nos intres finais por erros propios deixamos escapar o partido. Toca seguir loitando e remontar en esta segunda volta.

INFANTIL MASCULINO OURO
A casa do Gato BM Lalín 27-34 BM Línea 21 Transgalo. O equipo saiu pouco concentrado pero a actuación de Gabi na portería foi quen de manter o equipo no encontro mostrando a diferencia no marcador ata o final.
Está liga é moi longa; toca seguir loitando💪.

INFANTIL MASCULINO PRATA
Garayxa Xiria B 30-27 BM Línea 21 Fixman.
Derrota en Carballo dos nosos infantís de liga prata. Destacar a actuación de Mario na portería e a boas actuacións defensivas.
A seguir así rapaces!

INFANTIL FEMININO
Bm Linea 21 Mi Barrio 32-23 Maquisaba Xiria. Encontro frente as 2ª clasificada empatados a puntos, que tras unha 1ª parte moi igualada, na 2ª conseguimos recuperar balóns e atacando rapido para asi lograr a distancia no marcador. Unha victoria moi importante na que todas foron participes e para seguir medrando.

ALEVÍN 7
Bm Linea 21 Auto Escola Copaco 12-4 Bm Culleredo Ascor Consulting
Partido onde os nosos nenos sairon cunha intensidade desde o comenzo da primeira parte ata o final do encontró onde grazas a grandes actuacións tanto ofensivas coma defensivas conseguiron levar a dianteira durante as catro partes e ganar o partido.

ALEVÍN 5
Bm linea 21 Academia Pluralia 4- Bm pontedeume 12 . Partido que comenzou moi igualado debido ao empeño que lle puxeron os nosos a este partido, pero a rapidez e experiencia dos contrarios fixo que se levaran a victoria en tódolos cuartos.

Bm linea 21 Academia Pluralia 4- Bm 5 Oar Coruña. Os nosos comezaron o partido moi despistados e con certos erros que os do Oar foron quen de aproveitar, levándose a victoria en tódolos cuartos. Seguiremos traballando para que sexan menos os erros que cometamos nos partidos!

CRÓNICAS 21-22/12

SENIOR
Bm Linea 21 Lignum plus 32-30 Granitos Ibericos Carballal. Encontro aplazado de vital importancia xa que viñamos de non puntuar. Semana que os adestramentos foron de moi bo nivel e se demostrou no xogo. Igualado todo o tempo incluso chegando a estar por debaixo con 4 tantos de diferencia. E conseguimos remontalo gracias a unha actuación increible de SpicyJaime con un porcentaxe de paradas moi elevado e de todo tipo de paradas, e en ataque de Mateo crucial na parte final do partido. Victoria moi importante que esperemos nos devolva a senda de victoria.

CADETE
O pasado 21 de decembro, o BM Línea 21 xogou un partido moi igualado contra o Óptica Arteixo na xornada 9 da Liga Prata Cadete. A pesar do esforzo e dos bos momentos do equipo, o encontro rematou cun axustado 37-39. Os parciais reflicten a intensidade do duelo, pero pequenos detalles no tramo final decidiron o resultado. O BM Línea 21 segue amosando melloras e competitividade. ¡A seguir traballando!

O BM Línea 21 Reformas Coruña caeu na casa ante o Hierros Varela Urbieta Xiria (25-31) nun partido clave polo liderado da Liga Prata Cadete. O encontro, aprazado pola recente folga, mostrou un equipo local con dificultades no ataque fronte a un Xiria sólido e efectivo. A pesar da loita dos xogadores coruñeses, non lograron superar aos visitantes, que dominaron o marcador desde o inicio. Parabéns ao Xiria pola súa vitoria nun duelo de gran nivel.
Tras a vitoria contra o OAR por 26-38, os cadetes de BM.Línea 21 Reformas Coruña pechan o ano con boas sensacións. A pesar da derrota contra o Xiria, o equipo ten claro o camiño: seguir traballando semana a semana e chegar con opcións de loitar pola vitoria na segunda volta ante o equipo de Carballo.
Vilariño volveu destacar como un gran pivote, mentres o equipo mantén a ambición e o compromiso nesta tempada.

INFANTIL MASCULINO OURO
Garaysa Xiria A 38-31 BM Línea 21 Transgalo.
Derrota dos infantís nun encontro onde o rival aproveitou cada acción ofensiva para marcar gol con facilidade. Aínda así o equipo mantívose sólido como grupo loitando ata o final. Remata esta primeira volta nun bo 5° posto na clasificación. Esperamos o comezo da segunda con ansias de máis e do mellor balonmán!

INFANTIL FEMININO
Club Balonmano Atlantico 41-31 Bm Linea 21 Mi barrio. Enfrentamento contra as lideres invictas que a pesar das baixas e o malestar de varias xogadoras incluso con febre loitaron como as campeonas que son, a pesar da diferencia no marcador teñen que estar moi contentas co partido realizado por parte de todo o plantel e seguir mellorando dia a dia.

INFANTIL MASCULINO PRATA
Bm Ribadosar 24-38 BM Línea 21 Fixman.
2 puntos que suma o noso equipo. Primera parte con subidas chegando ao descanso 13-16. Xa na segunda parte e moito máis seguros más diferentes accións permitían que se afastasen no marcador.

BENXAMÍN
Bm Culleredo Seoane y Freire 11-5 Bm Linea 21 Webko.Net . Derrota ante un rival superior en todos os aspectos. Ainda asi, os nosos loitaron ata o final logrando empatar o ultimo cuarto. Partido para aprender dos nosos erros e seguir traballando de cara a volta do parón navideño.

CRÓNICAS 14-15/12


SENIOR
Distevi seis do nadal-Coia 40-23 Bm Linea 21 Lignum Plus. Enfrontamento contra o 1º clasificado, un encontro no que tiveron as rendas do marcador dende o inicio do partido con unha renta de 5 tantos que a medida que avanzaba o encontro se distanciaban mais sin ter oportunidade de recortar esa distancia. Derrota dura que nos situa nos postos de abaixo a falta dun encontro por xogar.

CADETE
Crónica: Balonmán Culleredo 49 – Balonmán Liña 21 Clínica ÁreaLonga 42. Aínda que o marcador final non nos foi favorable, o noso equipo cadete deixou todo na pista e deu a súa mellor versión. Durante boa parte do partido, logramos que o rival non se distanciase mantendo unha loita constante e sen rendernos. A falta de dez minutos o esforzo acumulado pasounos factura e o Culleredo aproveitou para abrir unha vantaxe definitiva. Con todo esta derrota sabe a vitoria: vitoria de equipo, de compromiso e de crecemento individual.

INFANTIL MASCULINO OURO
Bm Porriño A 32-40 BM Línea 21 Transgalo.
2 puntos que sumamos nun encontro onde o equipo Coruñés marcou o ritmo de xogo. O equipo segue aprendendo ,crecendo e desfrutando do balonmán!

INFANTIL FEMININO
Bm Linea 21 Mi Barrio 38-18 Club Balonman Viveiro. Seguimos na loita por estar arriba a pesares dunha primeira parte con erros, na segunda saíron moi enchufadas distanciándose no marcador para acabar conseguindo a vitoria.

ALEVÍN 7
Bm Linea 21 Auto Escola Copaco 10-6 Bm Oar Coruña 1952. O encontro iniciou cos nosos nenos gañando o primeiro cuarto, o segundo viuse marcado por un aumento da intensidade do rival o que nos levou a perder o cuarto, ainda así despois duns axustes e elevar a intensidade tanto na ofensiva coma na defensa os nosos xogadores lograron ganar os dous últimos cuartos.

BENXAMÍN
Bm Linea 21 Mapfre los Mallos 10-6 Augas do Paraño Xiria . Partido moi intenso, fronte un rival que compite por estar nos postos altos da clasificación. Os nervios do principio, provocaron erros en pases, defensivos e en lanzamentos, colocando taboas nos dous primeiros cuartos. Nos ultimos, os nosos xogaron moi ben, gañando ambos por 1 gol.

Bm Linea 21 Webko 9-7 Herfraga Xiria
Partido clave para obter puntos e seguir sumando na clasificación. Varios erros de lanzamento privaronnos de gañar o primer cuarto. Nos seguintes, os rapaces superonse sobrepoñer aos mesmos, destacando unha moi boa lavor defensiva. Gañando o segundo e o cuarto, e empatando o terceiro.