O pasado sábado xogamos un amigable co BM Culleredo coas categorías de pre-benxamin e biberón, un partido donde os pequenos xigantes do Linea 21 demostraban todo o aprendizado
. Despois os alevins xogaban un intenso 2º partido de liga, cun gran traballo!!
Xa pola tarde en Mesoiro disfrutamos con varios partidos das/os nosas/os xogadoras/es.
As nosas rapazas xalleiras do Bm Línea21 enfrentaronse a un potente Cañiza que non deixaba de xogar coa súa arma favorita dos contraataques rápidos.
A expericia de xogar nunha división de honra durante varios anos facían que as nosas guerreiras se vían desbordadas por as visitantes. Pero non se llo puxemos nada fácil aínda que o marcador reflexe o contrario.
As nosas gladiadoras fixeron un dos encontros máis efectivo da tempada de cara aos tiros a portería contraria e van dando moitas pistas da melloría acadada nestes 2 primeiros meses nesta categoría.
Seguir sendo o máximo posible unidas fará que éste equipo poda demostrar que a loita neste deporte non é solo deportiva, e que a base de esforzos se consiguen grandes retos.
A unión e a constancia de traballo fan a forza.
Debut de Lucía Lema coas xuveniles. Noraboaaaaaa Lucía!!!
Gran partido dos nosos senior que lle fixeron pagar os pratos rotos da derrota de Carballal a un forte balonmán Moaña.
A efectividade dos tiros a porta fixeron a diferencia no marcador, uns ataques organizados e comenzados por movimentos fixeron que a defensa de Moaña producira brechas na súa defensa e por o tanto moi aproveitada por nosos xogadores que desta vez demostraron que si se quere se pode e que a unidade pode facer unha das nosas armas moi tanxantes.
Debemos seguir nesta traxectoria si queremos conseguir puntuar e debemos saber que nesta competición non hai favoritos e que todos poden dar a sorpresa cando se desborde a confianza. Victoria que vai dedicada a todo un grupo de traballo que fan que esto poda ser realidade.
Patrocinadores, directivos, conserxes, xogadores e técnicos, moitas grazas!!!
Forza Salamandros!!!