Partidos 19 de Octubre

Comenzaba a xornada do sábado cos infantis en Oseiro enfrentandose ao BM Arteixo. Dar a enoraboa a os rapaces polo esforzo e as ganas de seguir pá diante, hoxe non poideron levar os dos puntos pero si lograron un meritorio empate

.

Sen tempo, a nosa entrenador a MINA desplazuose a Mesoiro para dirixir o encontro que enfrentaban as Cadetes contra o Teucro. Partido donde xa poidemos ver como as nosas xogadoras van perdendo o medo e empezan a disfrutar.

Partido dos senior en Mesoiro donde se medían ao Carnés do Ribeiro. O encontro comezaba con unha moi boa dinámica para aos nosos xogadores estando no primeiros minutos muy enchufados no partido.
Despois de uns cambios do adestrador os malos entendimentos en defensa facían que sufríamos demasiado neste encontro.
San Jorgito tuvo que lucirse outra vez para que levaranos desta vez os dous puntos que nos poñen un pouco máis arriba na clasificatoria.
29-27 para o Bm Linea21 Arcoponte.
Grazas a estos patrocinadores por aportar ao noso clube.

O domingo xogouse o terceiro partido para as nosas xuvenís femenino no pabellón de Zas co Bm Lalín. Éstas xogadoras xa tiveran a ocasión de enfrontarse coas lalinenses nun partido de promoción de fai 3 anos.
O encontro comezaba moi igualado sacando ventaxas unhas ás outras de só un gol durante os primeiros 15 minutos.
Despois de varias pérdidas de balóns e unha defensa demasiada fráxil nalgún posto facía que as lalinenses se alonxa van no marcador. As actuacións da porteira rival facían que o noso marcador non se movía como querido pero moitos foron os ataques finalizados con tiros a portería. Toca seguir traballando forte para seguir mellorando en moitos aspectos pero a nosa última palabra non está dita.
Un resultado de 23-34 para as de Lalin. Un gran reconocemento ao noso patrocinador Comercial Rodríguez por estar apoiando a este equipo que seguramente dea moitas alegrias de cara ao resto do campeonato.


Vamos na línea, na  Linea21