CRÓNICAS XORNADA 21/9


SENIOR : Bm Linea 21 24-38 Magope Seis do nadal. Último encontro de copa no que simplemente queremos felicitar ao outro equipo xa que non supemos paralos e realizaron un gran encontro. Tócanos aprender dos erros xa que tivemos un total de 24 lanzamentos fallidos aparte das perdas. A primeira parte marcou o encontro indo ao descanso 6-20. Polo menos na segunda parte plantamos cara e sacamos o orgullo ante unha afección que non merece menos animando todo o encontro. Esta vez tocou aprender e a seguir mellorando enfocándonos no noso obxetivo de loitar por entrar na final4.

INFANTIL FEMININO : Enfrentamento contra Lalin no encontro clasificatorio para ouro, no que a pesar do resultado que se parou no 6-36 xa se notou unha pequena melloría con respecto ao encontro anterior. Serviunos para prepararnos para a liga e adaptarnos às novas normas e forma de xogo. Unhas loitadoras que a pesar de ser de 1º ano e alevíns pantexaron bos minutos de partido. Agora a prepararnos para os seguintes encontros e seguir medrando.