SENIOR : BM LINEA21 Lignum Plus
Recibimos a visita do Lavadores Vigo B como último partido do ano. Iniciouse o partido con varios erros tanto en ataque como en defensa, indo igualados toda a primeira parte, tras o descanso e as correccións para ordenar o equipo comenzamos a recuperar balóns e imprimindo o noso ritmo conseguindo unha vitoria máis que nos manten líderes.Resultado final 37-27.
CADETES : BM LINEA21 Reformas Coruña SL 2021
Bm Rodeiro Faro 28 – Bm Linea21 Reformas Coruña Sl 2021 38
Un Partido crucial para intentar cambiar as últimas dinámicas de resultados non moi satisfactorias. Comezou igualada pero cunha gran defensa chegouse ó descanso cunha ventaxa 3 goles. Tras a reanudación o equipo local conseguiu empatar o partido ; tras un tempo morto, o noso equipo comezou a amosarse superior o cal quedou reflexado no electrónico final.
INFANTIL ORO : BM LINEA21 Transgalo
Disalmo BM Cangas 37 – BM linea21 TRANSGALO 23
Disputa en cangas do encontro aprazado. Os nosos afrontaban este segundo encontro do fin de semán sabendo o compricado rival que terían en frente.O encontro mostrou durante a primera parte do mismo o gran nivel dos 2 equipos, a raíz de 2 inferioridades o equipo local sacou unha renda de 5 goles, os cales xa non se poideron recuperar. Unha salida fulgurante en defensa dos locais rompeu definitivamente o encontro.
A pesar do abultado da derrota non reflexa o gran encontro realizado polos nosos rapaces, que loitaron ata o último segundo sen deixarse levar en ningún momento.
INFANTIL ORO : BM LINEA21 Transgalo
BM LINEA21 Transgalo 39 – Garaysa Xiria A 34
INFANTIL PLATA : BM LINEA21 Academia Pluralia
BM linea21 academia pluralia 31 – Garaysa Xiria C 25
Encontro disputado nos primeiros intres, momentos nos cales os goles subían nos dous marcadores, a entrada dos rapaces que disfrutan liga ouro subiu o nivel e fomos quen de distanciarse no marcador. Cos cambios e a entrada dos alevíns de 2 ano o encontro planificábase que se ía igualar outra vez, pero no fío así, os alevíns foron quen de manter o resultado e dar grandes minutos de xogo.
ALEVÍN 7 : BM LINEA21 Restaurante Cho
Partido contra o Bm Culleredo Canosa Abogacía onde os nosos conseguiron a vitoria. Cun partido marcado por unhas moi boas actuaciòns dos nosos xogadores, tanto no ataque coma na defensa, conseguiron facer posible que os nosos nenos foran por diante no encontro e dese xeito conseguir gañar todos os cuartos e poder ir ao descanso de nadal cun bo sabor de boca.
ALEVÍN 5 : BM LINEA21 Autos Pallas
O noso equipo enfrontábase ao Liceo La Paz Blanco Un partido no que as expectativas de intensidade non foron en balde, pois a superioridade física e técnica dos adversarios fixo mella neste encontro no que, a pesar de facer e loitar ata o final marchamos para a casa con un 12-4 para os do Liceo moi contundente.
ALEVÍN 5 : CEIP BM LINEA21
Enfrotamento ante o Brigantium, partido moi igualado os 4 cuartos nos que se conseguiu a vitoria dun cuarto e o resto se perderon pola mínima. Finalizamos o ano con unha melloría ascendente que de seguro nos traerá máis vitorias no próximo aninovo.
BENJAMÍN : BM LINEA21 A2ic Servicios
O equipo benxamín desprazouse a Carballo para enfrontarse ás rapazas do Brigantium. Unha sólida defensa permitiu ao equipo gañar 3 cuartos.
Grazas aos bos adestramentos estase notando unha gran melloría no equipo máis cativo do clube.