SENIOR : BM LINEA21 Lignum Plus
Partido fronte ao Xallas, un tanto perigoso para os dous equipos por tema de pista (moita condensación). Comenzamos apagados o partido pensando na pista, e a finais da primeira parte nos enchufamos e Diego parou todo, conseguindo meter unha renta de 10 tantos. Na segunda parte Diego seguiu o seu pero o equipo nos últimos 20 minutos non foron quen de anotar máis que 3 goles. Gracias á renta e as paradas de Diego gañamos o partido 21-26. Uns últimos 15 minutos para olvidar, e dous puntos máis.
ALEVÍN 5 : CEIP BM LINEA21
Enfrentamento contra o Maruxia Asesores Arteixo Femenino, non puido ser, esta vez non se consigueu gañar ningún cuarto. Empezamos o partido moi perdidas, e a medida que foron avanzando foise xogando mellor. Outro partido máis para aprender e seguir sen quitarlles ese sorriso e as ganas que lle poñen, pasiño a pasiño a seguir medrando e con esa afición que as persegue animándoas ,todo é máis doado.
ALEVÍN 7 : BM LINEA21 Restaurante Cho
Partido contra o Club Balonmano Atlántico onde os nosos nenos conseguiron alzarse coa vitoria nos catro cuartos. Cun ataque marcado pola solidaridade e un movemento constante de baños que propiciou que todos os xogadores foran quen de entrar a portería e ter a oportunidad de marcar gol. A boa actitude na defensa conseguiu que aos contrarios lles fóra moi complicado levar a cabo o seu ataque e permitiu aos nosos a recuperación do balón. Seguiremos traballando de cara a próxima xornada.
BENJAMÍN : BM LINEA21 A2ic Servicios
O equipo Benxamín xogou o sábado contra o Arteixo, onde debutaron tres novos xogadores do Línea 21. Foi un partido moi complicado. A experiencia dos xogadores do Arteixo e unha mala defensa dos nosos impediunos acadar a vitoria en ningún cuarto. Esta semana toca seguir traballando a defensa para correxir esos erros de cara ao seguinte partido.