PARTIDO DE COPA SENIOR SANXENXO BALONMÁN-BM LÍNEA21 LIGNUM PLUS 29-29

Empate ante un correoso equipo local.
O equipo salía mentalizado na loita pola praza na Final a 4 da copa.
A primeira parte, a pesar do xogo demostrado en ataque o equipo local levou unha vantaxe de 1-2 goles.
Desta maneira transcorre a primeira parte e metade da segunda, ata que despois duns axustes defensivos, puidemos levar a iniciativa no marcador.

Final con empate que nos da a clasificación para a F4.

#linea21 #somosl21 #novomesoiro