Partidos 30 de Noviembre

A xornada comenzaba o sábado en Tarrio cos nosos Alevíns e Benxamíns

O equipo Alevin xogaba contra o Bm Lucence, nun partido que por primeira vez tivemos un cuarto con xogo completamente feminina, que para estar empezando están loitando moito e sobretodo disfrutando, que é o que importa

Despois os Benxamins Azuis conseguian outra gran victoria con Alejandra como entrenadora, debido a un pequeno incidente que enfrentou o noso adestrador Wallace cun Porco bravo Coontinuamos loitando polo obxetivo!! 

Por último tocoulle os Benxamins Blancos, no que o igual que nos alevins tivemos encontro con so nenas nun cuarto, rapazas que están iniciando e demostrando o moito que lles gusta este deporte, e coa axuda de Celia que se desdobla na pista sendo todo un exemplo.

Pola tarde no pavillón de Novo Mesoiro enfrentaronse dous equipos con formacións moi iguales na pista, pero nosos xogadores souberon asegurar o máximo posible tiros na segunda metade e os acertos do noso garda meta facían que as distancias no marcador se alonxaban ao noso favor. Uns minutos en inferioridade numérica contra os de Narón proporcionaban desconfianza no equipo pero a reacción de todos os xogadores fixo que a victoria moi merecida neste encontro se quedara en Mesoiro. Unha grada que cada vez nos ánima  máis fai que a nosa forza sea maior e os máis novos xogadores da entidade se veñan arriba.
Un ataque con dous pivotes de parte dos visitantes nos fixo dudar, porén houbo boa reacción dos nosos e a frustración se converteu en forza.
Aupa Línea 21, aupa seareir@s do Linea21.


Finalizamos o domingo co primeiro partido das nosas xogadoras de Santa Comba no que ata o de agora fora o «seu» pabellón. Grazas ao concello de comarca do Xallas por facilitarnos as instalacións deportivas, como ata o de agora nos facilitaron os do concello de Zas para que éstas xogadoras do Linea21 poideran disfrutar deste deporte.
Todas as xuveniles deste equipo volveron a ver o seu adestrador que agora está no Meaño, e que, por casualidades se tivera que facer coa categoría de xuveniles femenino Dese clube.
As primeiras líneas do equipo rival daba a diferencia na pista de Fontenla grazas a súa experiencia na categoría. Pero as nosas leonas que cada día estan a mellorar se puxeron a 3 goles por baixo no marcador cousa que por algún aspecto casi igualan o resultado. A aportación da nosa porteira casual fan que cada día teñamos máis confianza en nós e podemos demostrar que sí podemos pelear algún resultado máis de cara a segunda volta.
Pouco que decir e moito por demostrar. A Línea está aí, só nos falta tomar conciencia que con esforzo podemos chegar a meta.

Resumindo fin de semana de moito balonman do bo!! 

Agradecementos aos patrocinadores por seguir apoiándonos nesta aindaina do balonmán. Moitas grazas!!!