CADETE
Arteixo Balonman 31 – BM Linea 21 clínica veterinaria Arealonga 32. Victoria sufrida no primer encontro de copa.O noso equipo foi quén de sacar os 2 puntos malia ir perdendo todo o encontro. 5 minutos finais nos que soubemos manter a calma e xogar accións colectivas fixeron que foramos capaces de sacar o encontro adiante.
INFANTIL MASCULINO
Infantil Club balonmano Atlantico 29-41 BM Línea 21 Fixman.O noso equipo infantil suma 2 puntos nesta competición de copa fronte aos nos veciños de Oleiros. Unha primera parte onde o equipo lograba unha moi boa renda no marcador. A seguir traballando!
Infantil masculino BM Línea 21 34-32 BM Culleredo óptica Gallaecia. Primeiro encontro de copa fronte ao Culleredo que permite seguir aprendendo a adaptarse a diferentes momentos de xogo. Os infantís logran a victoria cun bo xogo colectivo. Parabens e a seguir crecendo como equipo!
INFANTIL FEMININO
BM Línea 21 Mi Barrio 31- 25 Maquisaba Xiria.
As nosas infantís fanse coa victoria neste primeiro encontro de competición de copa. Defensa activa provocando moitos erros as rivais. En ataque moi profundas e con ansias de gol. Estas rapazas teñen moito por diante,parabens!
ALEVÍN
Bm culleredo Mohever 7- Bm línea 21 Academia Pluralia 9. Partido no que os nosos alevíns empezaron moi concentrados ganando os dous primeiros cuartos, nos dous últimos uns fallos na defensa fixeronnos sufrir e sólo nos permitiu o empate no último cuarto.
BENXAMÍN
O equipo BM Linea 21 WEKCO.NET disputou 2 encontros na maña do domingo ca victoria 10-6 contra o Arteixo Balonman e con empate 8-8 fronte o Xiria de Carballo.
2 encontros emocionantes nos cales os nosos rapaces deron o mellor de cada un. Seguimos aprendendo e divertíndose!