Partidos 01 de Diciembre

Esta fin de semana o Bm Camariñas viña ao Novo Mesoiro para disputar co Bm Linea21 a septima xornada desta categoría de infantiles masculino.
Os nosos xogadores entraban moi confiados no partido, cousa que fixo que tiveran a punto de levar unha sorpresa dada a forte defensa do Bm Camariñas que non os deixaban xogar o seu xogo habitual e así nos proporcionaban situacións complicadas de cara ó gol, pero o noso novo porteiro  (Ruben) fixo coas suas paradas que o equipo se viñera arriba en todo momento. 13-8 ao descanso.
A segunda parte do encontro foi moi distinta xa que se probaron novos aspectos ofensivos de cara a 2° volta do campeonato, eso pensando a poder seguir nos postos altos da táboa. Esperamos unha 2° volta con moitas sorpresas visto que viñeron novos xogadores que complicarán a alineación ao entrenador desta categoría.
Final do partido 28-22 para os nosos xogadores que cada día nos dan un pouco máis de confianza a pensar que este proxecto vai na dirección pensada.
Os nosos Benxamins desplazaronse a Culleredo para disputar os seus partidos. Os Benxamins do BM LÍNEA21 Azul perderon os catro cuartos mentres que os Benxamins BM Línea21 Blanco gañaron os catro tempos
Os Alevins 7 desplazaronse a primeira hora a Carballo para xorgar contra o BM Xiria e pouco despois,sen tempo para descansar  os Alevins 5 desplazaronse a Culleredo.
Os senior do BM Linea21 viaxaban a Pontedeume para enfrentarse a un equipo que mira ós postos de ascenso. Os nosos xogadores salían con moi bo pé empezando gañando nos primeiros minutos pero as paradas do porteiro rival facía que nos empataban o partido, e ata que se puxeron por arriba no marcador de ata 5 goles, os de Pontedeume non baixaban o ritmo de ataque. 17-12 na primeira metade do partido.

Na segunda parte os nosos xogadores demostraron que o seu nivel de xogo pode ser tan efectivo en defensa coma calquer outro equipo do alto da táboa, e fixeron unha remontada de medo donde o equipo rival se viu obrigado a pedir un tempo morto para repoñer as cousas ao seu xeito. Cousa que lle foi rentable dado que volvían a poñerse 1 gol por arriba nosa xusto despois.
A lesión do noso porteiro debido a un tiro a cara que non foi nin castigado verbalmente, fixo que tivo que abandonar a pista e deixar sitio a Juan que xa sabe o que é estar debaixo dos 3 paus, este cambio pudo facer que varias paradas importantes nos daban a esperanza de podernos levar os 2 puntos para terras Herculinas pero unha árbitraxe que nalgún momento fora algo dudosa fixo que o Bm Pontedeume se levara a victoria moi reñida nos últimos minutos con un 26-24 para eles.
Partido de referencia para os nosos xogadores que neste caso non se levaron a victoria pero que sí salen reforzados mentalmente de cara os próximos partidos de campeonato.
Unha defensa que dará moito que falar nos próximos encontros si seguimos todos nesa linea.

E nunca mellor dito, na Linea 21 !!!

 

Enlace a los Videos:     Infantiles     Benjamines