FINAL TEMPORADA 23/24

Poñemos fin a unha tempada de moitos logros. O equipo senior logrando o ansiado ascenso, e campións de copa. Un equipo cadete que ante as dificultades conseguiron acabar xogando moito mellor e acabando a un gran nivel. O equipo infantil ouro clasificándose para a final four donde non se puido pasar o campionato de España,pero fixeron unha tempada moi boa ao igual que os infantiles prata que obtiveron resultados que nin eles esperaban e axudando ao equipo cadete ambos en moitos partidos. O equipo alevín 7 realizou moi bos encontros sendo moitos a primeira vez que xogaban a todo campo e mellorando notablemente. Ao igual que alevín 5 loitando todos os encontros, e para o ano terán ese cambio a todo campo.O equipo Benxamín empezaron con poucos nenos e acabaron xuntando a 12 para a disputa dos encontros, gañando moitos deles, e con rapaces que acababan de comezar. E as nosas nenas alevíns, as guerreiras que formaron o primeiro equipo feminino, e que de seguro nos van dar moitos éxitos ao longo da súa carreira no clube. Un clube que segue medrando en número de fichas, número de nen@s nos colexios, e esperemos seguir facendoo aumentando esta familia que cada vez é máis grande.
Gracias a todos os patrocinadores que colaboran para que esto siga sendo posible, e a esa xente que na sombra axuda a que o club e siga funcionando, dende os adestradores (Pablo,Laura, Zas,Alex,Abel e Toño) pasando por Ricardo como fotógrafo que inmortaliza cada momento de todos os nenos, Maria coas RRSS , Eva,Elisa, Roberto ao igual que algunha nai ou pai que sempre nos votan unha man en todo momento, e como non gracias tamén ao noso querido presidente Alberto.
Vémonos na seguinte tempada que virá cargada de moitas mellorías e éxitos para o clube!

CRÓNICAS PARTIDOS 20-21/4


SENIOR
Encontro frente Arteixo, que foi controlado todo o tempo, a pesares dos erros defensivos que tivemos e algún fallo claro en ataque de lanzamentos conseguimos a victoria 25-35.Esta fin de semana xogamos o ultimo encontro da liga na nosa casa frente o Seis do Nadal. E a ultima salida a Orense frente o Miño. Logo toca preparar a Final de Copa que xogamos novamente contra Miño o finde do 25-26 a espera de conocer a sede.

ALEVIN 7
Partido dos nosos nenos en alevín 7 contra o Bm Culleredo Cedeira Oton onde os nosos conseguiron levar a dianteira durante todo o encontro. O partido iniciou cunha moi boa intensidade por parte dos xogadores, sin embargo houbo algúns erros que os nosos nenos pudieron rectificar rápidamente gañando así os catro cuartos.

CRÓNICAS PARTIDOS 13-14/4


SENIOR

U.B.Lavadores de Vigo B 35-28 Bm Linea 21 Lignum Plus.Chegou a primeira derrota do ano, un desplazamento que afrontamos con 7 baixas para o encontro e viaxabamos sin porteiro.Lavadores muy superior todo o encontro,chegamos a poñernos 23-22 pero ahí novamente erros de lanzamento e perdas de balon fixeron que nos metesen un parcial e acabar coa derrota por 7 tantos.


INFANTIL ORO

BM Culleredo Nosolomadera 28 – BM linea21 TRANSGALO 33
Última xornada da liga regular pos infantís de liga Ouro ante os nosos veciños de Culleredo. Un encontro con pouco en xogo, ainda así os rapaces tiñan a espiña de non haber conseguido a victoria ata o día de oxe. Como ben di o refrán a terceira foi a vencida.
Oxe os rapaces fixeron un gran encontro, no que todos aportaron e sumaron tanto en ataque coma na defensa, foi unha Victoria de EQUIPO. Deste encontro destacamos a Iago que está facer un bo fin de tempada e a Xurxo que oxe foi o director de orquestra do equipo. Parabéns a todos!!
En 15 días disputaremos a F4, competición con 1 plaza en xogo po Campeonato de España, outra oportunidade máis para que os nosos rapaces sumen novas experiencias.

INFANTIL PLATA
Bm Linea 21 Academia Pluralia 41 – Balonman Narón 17.
Último partido desta 2 fase no que os nosos infantís se mostraron superiores durante todo o encontro, o que os permite finalizar nun meritorio segundo posto.


ALEVÍN 7
Os nosos nenos enfrentáronse en alevín 7 ao Liceo onde o encontro estivo marcado por unha grande intensidade por parte de ambos equipos manténdose moi igualados, inda así os nosos conseguiron alzarse ca victoria.

ALEVÍN 5
Bm Linea 21 Auto Pallas
O noso equipo alevín 5 enfrontábase ao primeiro clasificado, o Liceo. A pesares de loitar todolos cuartos e estar preto do empate en algún foi imposible deter o equipo rival, toca seguir mellorando.

ALEVÍN 5
Ceip Bm Linea 21
As nosas guerreiras por fin conseguiron o ansiado triunfo, un ano de moito aprendizaxe e a melloría de todas fixeron que se acadara a victoria frente o Brigantium,completando un partido moi bo, con roubos de balóns e moitos goles.Noraboa polo traballo día a día.