CRÓNICAS XORNADA 9-10/11

SENIOR.

Bm Linea 21 Lignum plus 39-32 O Grove paraiso Rasoeiro. Victoria moi importante para seguir na loita e non descolgarnos da zona de final four. Un encontro que supemos afrontar moi ben, tanto a defensa como o ataque estivo a un nivel moi bo, e todos os xogadores aportaron o seu traballo realizado o longo da semana aportando todo o mundo e loitando como sabemos. Por fin estamos encontrando o noso xogo e pouco a pouco seguir mellorando e correxindo os erros partido tras partido.

INFANTIL FEMININO.

Bm Linea 21 Mi Barrio 35-24 Telepizza Arteixo. Un gran encontro das nosas guerreiras, que tiveron unha melloría en defensa moi boa, e en ataque participando todas e disfrutar xogando. Unha primeira parte que con boas defensas e contraataques distanciándonos e na segunda superon xogar con orden e organizadas para participar todas. Gran vitoria e a seguir loitando.

INFANTIL PRATA.

Oar Coruña 1952 26-25 BM Línea 21 Fixman.
Os infantís de plata con varios despistes defensivos e cunha intensa defensa en contra tentaba non perder a cara o partido. Na segunda parte foron quenes de loitar ata acadar o empate. Aínda así un derradeiro gol do equipo local deixaba os puntos aos nosos veciños.


INFANTIL OURO.


BM Línea 21 Transgalo 41-29 Sar Nosatun.
Os infantís de ouro vencen ao Sara Nosatun nun encontro onde o noso xogo ataque marcou a diferencia. O próximo fin de semana viaxaremos a Pontevedra para afrontar o encontro fronte a un BM Cisne.

ALEVÍN 5.

Primeiro partido da tempada dos alevins 5, empezamos o partido un pouco despitados despois dun longo período sen xogar e foi no último cuarto cando nos centramos e poidemos loitalo mellor ganando ata os últimos minutos no que uns fallos nos fixeron perder. Seguimos traballando para mellorar!

ALEVÍN 7.

BM. Brigantium Nunegal 4-12 BM Linea 21 Auto Escola Copaco
Partido dos nosos nenos onde conseguiron alzarse coa victoria. Cunha intensidade, que se mantivo durante todo o encontro, os nosos mantiveron a ventaxa durante os cuatro cuartos robando unha gran cantidade de balóns e facendo moi difícil que as contrarias marcaran. Seguiremos traballando para preparar o según te partido.

CADETE.

BM Linea 21 Reformas Coruña 38- Bm Culleredo 37.
Os cadetes recibían a un dos rivais directos da categoria, ca baixa de Derek. Ainda así os nosos rapaces demostraron que poden rendir a gran nivel.
Vitoria e a pensar no seguinte encontro.
Oar Coruña 28 – BM Linea 21 Clinica Arealonga 23. Gran encontro do outro equipo cadete, que a pesar da derrota, foron quen de estar por diante a maior parte do encontro.
O cansanzo nos últimos 10 min de partido deron alas o equipo local pa quedar cos 2 puntos.Seguimos traballando, pensando no seguinte encontro fronte o BM Atlántico.

BENXAMÍN.


Bm Linea 21 Wekco.Net 5-8 Bm Culleredo Mármoles Raju. Partido bastante igualado nos tres primeiros cuartos que acadaron un resultado en ambos de 5-8, no cuarto e ultimo os nosos correxiron moitos dos erros, o que colocou un resultado a prol dos nosos de 11-3. Destacar a gran melloria do grupo con respecto aos primeiros dias de adestramento, pronto chegaran as victorias.
Bm Linea 21 Mapfre Los Mallos 12-5 Club Balonman Panaderia de Covas Viveiro.
Victoria nos catro cuartos do encontro con bastante soltura, os nosos foron moi superiores ao rival. Todos os xogadores anotaron goles e disputaron minutos.

CRÓNICAS XORNADA 2-3/11

CADETE MASCULINO PRATA:

BM Ribadosar 26- BM Linea 21 Reformas Coruña 43.Os nosos cadetes afrontaron o desprazamento a Santiago cas ganas de seguir sumando experiencias. O encontró non plantexou moitas dificultades para os nosos, ainda así víronse nos momentos defensivos, nos que se podía ver o compromiso por seguir crecendo.

Bm Línea 21 Arealonga Clínica 25- 45 Hierros Varela Urbieta Xiria.
Os nosos recibían a un dos mellores equipos da categoría con moitas baixas. Aínda así,o equipo plantexou un xogo serio colectivo do cal xurdiron accións con claras ocasións de gol. Seguiremos mellorando para seguir desfrutando do noso deporte!

SENIOR:

Club balonman Loriga 27-28 Bm Linea 21 Lignum plus. Saída complicada na que os nosos tras unha primeira parte igualada e moitos erros conseguimos na segunda meter unha distancia de 4 tantos que nos trouxo a vitoria (tras varios erros ao final ) importante para seguir sumando puntos e coller confianza.

INFANTIL FEMININO:

Maquisaba Xiria 26-20 Bm Linea 21 Mi Barrio. Encontro que foi moi igualado na primeira parte, e na segunda tivemos algún erro defensivo e de lanzamentos que provocaron unha diferenza no marcador, que ainda que que se foi mellorando , chegou tarde. Un partido máis para aprender e seguir medrando.

INFANTIL MASC. PRATA:

Bm Línea 21 Fixman 29-38 Garaysa Xiria B.O encontro presentábase con moita dureza defensiva por parte dos carballeses quenes foron capaces de marchar ao descanso por diante no marcador cunha vantaxe dun gol. Nos últimos minutos da segunda parte os visitantes distanciábanse aproveitando erros en ataque debido a intensidades defensiva planteada polo Garaysa Xiria B. A vindeira fin de semana visitaremos ais nosos veciños do Oar Coruña 1952.

CRÓNICAS XORNADA 26-27/10

Infantil feminino.
Bm Linea 21 Mi barrio 29-38 Club Balonmano Atlántico, encontro que a pesares da diferencia fixemos unha gran 1ªparte, e na segunda impuxemos mais ritmo e anotando goles rápido pero olvidámonos de defender e os rivais aproveitárono índose no marcador. Unha experiencia máis, un encontro con melloria e a seguir medrando.

Senior.
Bm Límea21 Lignum Plus 33-31 Sar Op Mobility . Enfrontamento cos primeiros da liga e uns dos favoritos para estar nos primeiros postos. Unha primeira parte para enmarcar con moi boas defensas e un xogo moi fluido demostrando que sabemos xogar ao balonmán. Na 2ª parte remontaron os 4 goles que tiñamos de ventaxa atascándose, pero foise remontando e empatando poñéndonos por riba. Ao final unha vitoria moi importante, moi sufrida e moi loitada que demostra que somos capaces de pelear contra calquera. Primeiros 2 puntos da tempada, e seguimos loitando para chegar á 2ª volta nunha mellor posición na táboa que continuando nesta liña poderá acadarse.

Alevín7.
Bm 7 OAR Coruña1952 5-11 Bm Linea21
O encontro iniciou cos nosos nenos levando a ventaxa e conseguindo alzarse coa victoria nos dous primeiros cuartos. No terceiro cuarto os contrarios sairon con mais intensidade conseguindo o empate, ao final os nosos xogadores seguiron loitando logrando obter a victoria no último cuarto.

Infantil masculino liga plata.
Bm Line21 Fixman 44-21 BM Ribadosar.
As accions rápidas en ataque e un bo xogo colectivo dictaminaron un encontro onde todos os xogadores disfrutaron de minutos. A vindeira fin de semana recibimos a un forte Garaixa Xiria B.

Infantil masculino liga Ouro.
Bm Culleredo óptica Gallaecia 34-34 BM Línea Transgalo.
Encontro onde o nosos foron quenes de ir ao descanso cunha renda de 3 goles. Na segunda parte alcanzaron ata 8 goles de vantaxe,pero diferentes erros tanto defensivos coma ofensivos deron a posibilidade de que os cullerdenses puidesen levar a victoria pero foi unha parada do noso guardaredes Gabriel quen nos permitiu llevarnos un punto.
Destacar a volta á pista do noso xogador Aitor despois dunha longa lesión.
Toca descanso esta vindeira fin de semana.

Cadete.
BM Linea 21 Arealonga 57 – 43 BM Ribadosar
Segundo encontro por noso equipo cadete que realizarou un gran partido en ataque.
A pesar de haber gañado temos que seguir mellorando a nosa defensa.Noraboa a todos.

BM Abegondo Opemat 32-37 BM linea 21 Reformas Coruña
Segunda vitoria fronte ao Abegondo,que a pesar dun comezo con erros provocado pola continua defensa mixta sufrida por Derek, o equipo foi quen de adaptarse e sacar a relucir as diferentes posibilidades de xogo que pode ofrecer. Noraboa!

CRÓNICAS XORNADA 19-20/10



Senior:
Valinox Novas B 39-21 Bm Linea21 Lignum Plus. Dura derrota unha semana máis, non se dou coa clave para volver a ser a mellor defensa do ano pasado. Moitos erros defensivos. En ataque seguimos facendo bos ataques pero moitos erros de lanzamento, e perdas inesperadas que se convirten en contraataques. Unha semana mais loitando. Seguinte visita do Sar Op Mobility un rival moi complicado pero seguiremos loitando e poñendo as cousas difíciles.

Cadete:
BM Línea21 45-25 Atlántico
O encontro dos cadetes contra o Club Balonmano Atlántico iniciouse de forma moi igualada e con varios erros tanto no ataque coma na defensa, pero unha vez correxidos, os nosos nenos poideron empezar a alexarse no marcador e acabar gañando a primeira parte. A segunda parte continuou cunha boa intensidade tanto defensiva coma ofensiva gañando finalmente o encontro.

CP Lucense 38-28. BM Línea21 Arealonga
Derrota no primer encuontro do equipo, os nervios e a precipitación fixo que o equipo local levará os 2 puntos.

Infantil masculino Ouro:
Valinox Novás 27- 28 Bm Línea21 Transgalo.
Os infantís saíron ao campo despois dunha longa viaxe con desconcerto ata que pouco a pouco foron entrando na dinámica do encontro. Moi igualado ata o final decidíndose o mesmo nun golpe franco co tempo finalizado a favor dos nosos onde Xurxo executou un lanzamento superando a defensa e poñendo o balón lonxe do alcance do gardaredes.
A vindeira semana visitamos ais nosos vecinos do BM Culleredo.

Infantil feminino:
Club balonmán Viveiro 7-28 Bm Línea21 Mi Barrio. Primeiro encontro da tempada. Comezamos cunha vitoria moi importante, a primeira do ano das nosas guerreiras. Deron un paso adiante, cunhas defensas moi boas recuperando balóns, e ataques moi ben organizados. Seguimos con esta continuidade de melloría semana a semana e loitando cada encontro. NORABOA POLO TRABALLO


Infantil masculino prata:
Ferrol Bm Narón 22- 30 BM Linea21 Fixman.
Os nosos infantís de 1° ano afrontaban o seu encontro con moitas ganas e entusiasmo. Incansables, demostraron o seu xogo colectivo e xeneroso levando unha distancia de 5 goles ao descanso. Xa na segunda parte o equipo sentiuse cómodo e mantivo distancia ata o final.


Alevín:
BM Línea21 10-6 Atlántico
Primeiro partido dos nosos nenos contra o Club Balonmano Atlántico onde os nosos xogadores levaron a ventaxa nos 3 primeiros cuartos. O último cuarto viuse marcado por unha maior intensidade do rival e alguns erros propios levando a perder o cuarto.

CRÓNICAS XORNADA 12-13/10


SENIOR: Bm Linea 21 Lignum plus 32-39 Poio Artai. Primeiro encontro na casa da tempada, fronte un dos favoritos para acadar o título. A pesar das baixas intentouse lograr a vitoria. Unha primeira parte que loitamos para acabar o descanso perdendo de 4. Non conseguimos reducir os erros de lanzamento e perdas de balón, cousa que na 2ª parte sigueu, a pesar deso loitamos como nunca e non dudamos de seguir por esta liña de traballo que nos dará esa vitoria que tanto ansiamos para coller confianza. Desprazamento longo esta finde semana ao Rosal para enfrentarnos ao Valinox Novás

INFANTIL MASCULINO: o equipo infantil masculino Bm línea 21 Trasgalo comeza a liga Ouro sumando 2 puntos fronte A Casa do Gato Bm. Lalín 35-25. O equipo atopouse cómodo no terreo de xogo, correxindo erros en defensa e repoñéndose en momentos no que o rival foi quen de frear o noso ataque. A vindeira xornada o equipo viaxa a O Rosal para enfrontarse ao Valinox Novás onde o Bm Línea 21 Trasgalo seguirá gozando do noso deporte; do balonmán.

CRÓNICAS XORNADA 21/9


SENIOR : Bm Linea 21 24-38 Magope Seis do nadal. Último encontro de copa no que simplemente queremos felicitar ao outro equipo xa que non supemos paralos e realizaron un gran encontro. Tócanos aprender dos erros xa que tivemos un total de 24 lanzamentos fallidos aparte das perdas. A primeira parte marcou o encontro indo ao descanso 6-20. Polo menos na segunda parte plantamos cara e sacamos o orgullo ante unha afección que non merece menos animando todo o encontro. Esta vez tocou aprender e a seguir mellorando enfocándonos no noso obxetivo de loitar por entrar na final4.

INFANTIL FEMININO : Enfrentamento contra Lalin no encontro clasificatorio para ouro, no que a pesar do resultado que se parou no 6-36 xa se notou unha pequena melloría con respecto ao encontro anterior. Serviunos para prepararnos para a liga e adaptarnos às novas normas e forma de xogo. Unhas loitadoras que a pesar de ser de 1º ano e alevíns pantexaron bos minutos de partido. Agora a prepararnos para os seguintes encontros e seguir medrando.

CRÓNICAS XORNADA 8/9

Reconquista de Vigo 18-43 BM Línea 21 Trasgalo.
Viaxe a Vigo onde os nosos infantís suman 2 puntos. Encontro con moitas opcións claras en ataque que aproveitaron para afastarse no marcador no minuto 10 do encontro. Seguimos sumando situacións de aprendizaxe e damos por rematada esta fase de clasificación que nos empuxa á desputa do play-off pola plaza en liga ouro.
Seguimos traballando para seguir crecendo!