Saída complicada na que o primeiro equipo contaba con varias baixas importantes.A pesar duns primeiros minutos de incertidume o noso equipo levou o control do partido dende o minuto 15 da primeira parte.O equipo local en ningún momento foi capaz de volver a engancharse para loitar os 2 puntos.Gran aportación de Miguel Mouriño nos minutos finais.Desta maneira rematamos a primera volta co partido aprazado do SAR.
Partidos 22/23 Xaneiro
Xa están aquí os horarios dos partidos para esta fin de semana,preparad@s!?
Non esquezas suscribirte á nosa canle de YouTube: CANAL21 MESOIRO
SENIORS BM LÍNEA21 LIGNUM PLUS 30 – BM RIBADOSAR 24 (Domingo 16/01)
Despois dun mes sin competir, os senior volveron à pista este 2022.
Gran partido defensivo por parte dos nosos, poñendo en grandes apuros òs ataques do Ribadosar, isto sumado á boa actuación de Víctor na portería, fixo que durante todo o encontro os visitantes estuvieran con 7 goles en contra.
Partido con minutos para todos.
Seguimos traballando para estar arriba!
INFANTÍS CB Atlantico- BM Línea21 (Venres 14/01)
Partido moi importante contra o CB Atlantico, para poder colocarse arriba, e complicado de por si, con baixas por enfermidade e outros por non poder asistir, nos enfrentamos a un equipo moi completo con bos xogadores e un porteiro que realizou unha porcentaxe moi elevada de paradas, a eso se lle suman as pérdidas e o inicio malo en defensa que se reflexou no resultado 33-15. A pesar de ir por debaixo seguiron loitando ata o final. Ás veces se gaña e outras se aprende, e deste partido nos tocou aprender moito. Semana nova e a seguir loitando sempre! Ánimo rapaces!
BENXAMÍNS Optica Auris Xiria- BmLínea21 (Domingo 16/01)
Primeira victoria do ano para o noso equipo benxamín. Parece ser que a pesar do nadal os nosos pequenos mantivéronse en forma e así o demostraron xogando un gran partido contra o Òptica Auris Xiria, no que dominaron durante os catro cuartos. Todo o equipo nos ensinou a gran capacidade de concentración e esforzo que teñen, incluido Iago Cillero, que firmou un gran debut co noso equipo, marcando moitos goles que axudaron ò equipo a vencer. Noraboa pola victoria e a polo seguinte partido!
Partidos 14-15-16 Xaneiro
Voltamos ao campo de xogo! Horarios dos partidos desta fin de semana. Non esquezas suscribirte ao noso canal de YouTube CANAL21 MESOIRO
Torneo Solidario de Balonmán – Pavillón de Novo Mesoiro – 22 de Decembro 18:00
Este vindeiro mércores 22 de Decembro celebraremos o Torneo Solidario de Balonmán.
Coincidindo ademais con estas datas do Nadal e nesta situación que estamos vivindo, agradecemos a colaboración de todos e todas os/as asistentes, que para poder acceder ás instalacións do Torneo deberán aportar 2 kg /2 pezas de alimentos non perecedeiros. Todo o recolectado irá destinado á Cociña Económica de Coruña, para axudar aos que máis o necesitan, sobretodo nesta situación tan excepcional de pandemia mundial que estamos a vivir.
Os alimentos máis necesarios nestos momentos son: garbanzos, macarróns, café molido natural, alubias, conservas, aceite de xirasol,… agradecemos enormemente toda a vosa axuda!
Esperamos vervos a todos e todas para animar aos nosos equipos!
Boas festas e feliz Nadal!
#somoslinea21#novomesoiro#bmlinea21