PARTIDO 7 MAIO—INFANTÍS… CAMPEONS DE COPA… NORABOA!!!

Recuperamos la WEB !!!!
Partido de final de copa, no que se enfrentaron ao S.A.R. De Redondela. Comezou o partido moi igualado. A medida que pasaban os minutos fumos distanciándonos no marcador repartindo minutos para todos os xogadores e controlando o partido en todo momento hasta finalizar co 26-33, conseguindo a victoria moi merecida. Os nosos fixeron todos un gran partido, o mellor de todo o ano, sen poder destacar a ningún porque todos, o tempo que xogaron, plantaron sempre cara. Boa defensa coas paradas de Brais e Adri, e contraataques rápidos. En xogo posicional realizaron todo o que se entrenou neste ano e falamos antes do partido realizando xogadas moi ben executadas. Finalizar a tempada con este premio para todos como é SER CAMPEONS DE COPA… NORABOA a todos os rapaces moi merecido.

#linea21 #somosl21 #novomesoiro

PARTIDO ALEVÍNS 23 ABRIL

Alevíns
Xornada que se presentaba complicada pero na que os nosos xogaron un gran partido sen perderlle a cara en todo momento, loitando cada cuarto no que se gañaron 2 e se perderon 2. Enfrente tivemos un moi bo equipo como é o liceo, con unha gran actuación do seu porteiro. Pola nosa parte destacar o esforzo de todos con boas paradas de Gabriel e un Nuno que fixo unha gran labor tanto defensiva como en ataque

#linea21 #somosl21 #novomesoiro