EQUIPO BENXAMÍNS (27 FEBREIRO)

O domingo o noso equipo comezaba a segunda fase da liga e o fixo da mellor maneira posible vencendo os dous encontros que disputaron. O Primeiro contra o Liceo (9-7) e o segundo contra o Galitrans (10-6) co que nos situamos no máis alto da táboa despois destas dúas primeiras xornadas.
Quedan moitos partidos por diante así que toca seguir adestrando.

#linea21 #somosl21 #novomesoiro

AGRADECEMENTOS…

Agradecemento aos colaboradores do Grupo Clìnica O BURGO/Depor Clínica onde os nosos xogadores realizaron satisfactoriamente o recoñecemento médico. Grazas ademáis polo detalle que tiveron con eles.

CRÓNICA EQUIPO ALEVÍNS (13 FEBREIRO)

ALEVÍNS BM LÍNEA21

Partido superado con tranquilidade para os nosos, no cal se aproveitou para darlles máis minutos aos benxamíns que nos apoiaron, e que fixeron un gran traballo. As nosas rivais loitaron en cada cuarto ata o último minuto, por momentos poideron levar a vitoria de algún cuarto, grazas à gran intervención da súa porteira.
Moi bo partido de ámbolos dous equipos!!

#somoslinea21 #bmlinea21 #novomesoiro

CRÓNICA INFANTÍS BM RIBADOSAR 27- 28 BM LÍNEA 21 (13 FEBREIRO)

INFANTÍS BM LÍNEA21

Victoria moi disputada, comezamos o partido perdendo,en ataque xogouse ben pero costando máis na defensa, ata que se dou cos defensa e nos fumos no marcador gañando o descanso. Ao reanudar, a pesares da boa defensa, en ataque cometéronse varios erros que fixeron que se meteran no partido. Finalmente conseguimos a victoria nun partido que se xogou moi ben. Destacar a todos en este partido no que se repartiron os goles, pero sobre todo na defensa a labor que fixeron.

#somoslinea21 #bmlinea21 #novomesoiro