Dura xornada no día de onte con dous partidos disputados en Santiago. O primero deles, contra Camariñas, rematou cunha victoria dos nosos por tres cuartos a un (10-6). O segundo partido do día foi contra Abegondo, que dominou gran parte do encontro e conseguiu levarse os catro cuartos (12-4).
Dende aquí queremos felicitar aos nosos xogadores, que deron todo e remataron a mañá totalmente esgotados, pola súa grande actuación no día de hoxe. Os nosos seguen crecendo e mellorando a pasos axigantados.
Noraboa e a seguir aprendendo!
PARTIDOS 12/13 FEBREIRO
Xa están aquí os partidos dan pròxima fin de semana! A por todas!
Non esquezas suscribirte á nosa canle de YouTube CANAL21 MESOIRO
NON MÁIS VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.
NIN UNHA MENOS!!!
PARTIDOS 05/06 FEBREIRO
Xa están aquí os partidos dan pròxima fin de semana! A por todas!
Non esquezas suscribirte á nosa canle de YouTube CANAL21 MESOIRO
INFANTÍS BM LÍNEA 21-CP LUCENSE B
Este domingo os infantís xogaron un encontro moi disputado chegando ao último minuto coa incertidume no marcador.
O resultado final foi empate a 27.
Agora a polo próximo partido rapaces!
SENIORS BM Miño 23 BM-Línea 21 Lignum Plus 22
Saída complicada na cal os nosos senior se encontraban coa baixa dos 3 primeiras líneas titulares.
As boas acciòns defensivas fixeron que na primeira parte foramos capaces de estar 4 puntos por encima. Na segunda parte, o agotamento e a falta de recambios fixo mella nos nosos xogadores.
Seguiremos traballando xa de cara á pròxima fin de semana.
BENXAMÍNS BM LÍNEA 21-TELEPIZZA XIRIA
Derrota dos nosos benxamíns en Camariñas. Afrontouse a viaxe con algunhas baixas significativas pero aínda así os nosos gañaron o primeiro cuarto, e perdéronse os seguintes, un tan sò de 1 gol.
Traballaremos en algúns erros de concentración e defensa, igualmente bo partido dos nosos pequenos contra un bo equipo e peleòn Telepizza Xiria, líder da competición.
A polo seguinte partido e a seguir traballando.