O domingo o noso equipo comezaba a segunda fase da liga e o fixo da mellor maneira posible vencendo os dous encontros que disputaron. O Primeiro contra o Liceo (9-7) e o segundo contra o Galitrans (10-6) co que nos situamos no máis alto da táboa despois destas dúas primeiras xornadas.
Quedan moitos partidos por diante así que toca seguir adestrando.
AGRADECEMENTOS…
Agradecemento aos colaboradores do Grupo Clìnica O BURGO/Depor Clínica onde os nosos xogadores realizaron satisfactoriamente o recoñecemento médico. Grazas ademáis polo detalle que tiveron con eles.
PARTIDOS 26/27 FEBREIRO
Xa temos aquí os horarios dos partidos da próxima fin de semana! Con moitas ganas de dalo todo!
E suscríbete á nosa canle de YouTube CANAL21 MESOIRO.
#somosl21
#linea21
#novomesoiro
PARTIDOS 18/19/20 FEBREIRO
Xa está aquí a programación dos partidos para a pròxima fin de semana!
Suscríbete á nosa canle de YouTube CANAL21 MESOIRO.
#linea21 #somosl21 #novomesoiro
CRÓNICA EQUIPO ALEVÍNS (13 FEBREIRO)
Partido superado con tranquilidade para os nosos, no cal se aproveitou para darlles máis minutos aos benxamíns que nos apoiaron, e que fixeron un gran traballo. As nosas rivais loitaron en cada cuarto ata o último minuto, por momentos poideron levar a vitoria de algún cuarto, grazas à gran intervención da súa porteira.
Moi bo partido de ámbolos dous equipos!!
CRÓNICA INFANTÍS BM RIBADOSAR 27- 28 BM LÍNEA 21 (13 FEBREIRO)
Victoria moi disputada, comezamos o partido perdendo,en ataque xogouse ben pero costando máis na defensa, ata que se dou cos defensa e nos fumos no marcador gañando o descanso. Ao reanudar, a pesares da boa defensa, en ataque cometéronse varios erros que fixeron que se meteran no partido. Finalmente conseguimos a victoria nun partido que se xogou moi ben. Destacar a todos en este partido no que se repartiron os goles, pero sobre todo na defensa a labor que fixeron.
CRÓNICA SENIORS BM LORIGA 29-BM LÍNEA21 LIGNUM PLUS 22 (12 FEBREIRO)
Terceira saída consecutiva e terceira derrota.
A pasar das baixas o equipo saíu entonado na primeira parte, creando un partido de nivel na casa do Loriga.
Na segunda parte as tornas cambiaron, o loriga foi quen de manter o nivel pero os nosos a falta de cambios na primeira liña, pesou moito.