AGRADECEMENTOS…

Agradecemento aos colaboradores do Grupo Clìnica O BURGO/Depor Clínica onde os nosos xogadores realizaron satisfactoriamente o recoñecemento médico. Grazas ademáis polo detalle que tiveron con eles.

CRÓNICA EQUIPO ALEVÍNS (13 FEBREIRO)

ALEVÍNS BM LÍNEA21

Partido superado con tranquilidade para os nosos, no cal se aproveitou para darlles máis minutos aos benxamíns que nos apoiaron, e que fixeron un gran traballo. As nosas rivais loitaron en cada cuarto ata o último minuto, por momentos poideron levar a vitoria de algún cuarto, grazas à gran intervención da súa porteira.
Moi bo partido de ámbolos dous equipos!!

#somoslinea21 #bmlinea21 #novomesoiro

CRÓNICA INFANTÍS BM RIBADOSAR 27- 28 BM LÍNEA 21 (13 FEBREIRO)

INFANTÍS BM LÍNEA21

Victoria moi disputada, comezamos o partido perdendo,en ataque xogouse ben pero costando máis na defensa, ata que se dou cos defensa e nos fumos no marcador gañando o descanso. Ao reanudar, a pesares da boa defensa, en ataque cometéronse varios erros que fixeron que se meteran no partido. Finalmente conseguimos a victoria nun partido que se xogou moi ben. Destacar a todos en este partido no que se repartiron os goles, pero sobre todo na defensa a labor que fixeron.

#somoslinea21 #bmlinea21 #novomesoiro

CRÓNICA BENXAMÍNS (12 FEBREIRO)

BENXAMÍNS BM. LÍNEA21

Dura xornada no día de onte con dous partidos disputados en Santiago. O primero deles, contra Camariñas, rematou cunha victoria dos nosos por tres cuartos a un (10-6). O segundo partido do día foi contra Abegondo, que dominou gran parte do encontro e conseguiu levarse os catro cuartos (12-4).
Dende aquí queremos felicitar aos nosos xogadores, que deron todo e remataron a mañá totalmente esgotados, pola súa grande actuación no día de hoxe. Os nosos seguen crecendo e mellorando a pasos axigantados.
Noraboa e a seguir aprendendo!

#somoslinea21#bmlinea21#novomesoiro