PARTIDO SENIORS (3 ABRIL)

2 puntos na visita aos nosos veciños do Arteixo Balonmán.

Moi traballados estos puntos, nunha cancha difícil como é a do Arteixo. Un excelente partido na faceta de ataque, facía que o equipo local non fora quen de frear o gran xogo colectivo levado a cabo polos nosos; aínda así a falta de axustes na defensa facía que se chegara ao descanso en tàboas.

Na segunda parte a defensa cambiou as súas intenciòns provocando situaciòns moi complicadas de lanzamento e roubos de balòn, chegando a situarnos 8 goles por arriba.

No minuto 54 o noso xogador Toño sentiuse indisposto e tivo que ser evacuado en ambulancia.

Ao final tan sò un susto que provocou o fin do encontro por mutuo acordo dos dous equipos.

#linea21 #somosl21 #novomesoiro

PARTIDO INFANTÍS (2 ABRIL)

Partido complicado para os infantís na visita do Liceo, onde loitábamos polo primeiro posto de grupo da Copa, no que foi un partido igualado ata mediados da segunda parte,e tras un tempo morto consigueuse sacar o mellor xogo, mellorando en defensa coas paradas de Brais e os contraataques que fixo que de un 17-17 finalizara o partido en 28-17.
Un bo partido para aprender a nivel de xogo, de como mellorar e sobrepoñerse ao resultado.

#linea21 #somosl21 #novomesoiro

PARTIDO BENXAMÍN (2 ABRIL)

O último partido de liga benxamín supuxo outra vitoria máis para os nosos, nesta ocasión contra o Bm Xiria (9-7).
O partido comezaba moi ben para os nosos intereses, vencedo ampliamente o primeiro e o segundo cuarto do partido, pero todo isto cambiou tras o descanso. Unha serie de despistes, probablemente fruto dun exceso de confianza dos nosos xogadores, fixo que non fosen capaces de marcar un só tanto nos 8 minutos do terceiro cuarto; ademáis de encaixar 7 goles. Esta situación permitiu que o Xiria se metese no partido e xogase un gran último cuarto que rematou cun empate de 3-3.
Este partido serviu para que os nosos sexan conscientes de que todavía queda moito por aprender e adestrar e para que cambie a mentalidade coa que se afronta a final-four. Ata entón toca seguir esforzándose e poñendo ganas nos adestramentos.

#linea21 #somosl21 #novomesoiro

EQUIPO SENIOR 27 MARZO

Vitoria moi traballada dos nosos senior ante o líder na casa o pasado domingo. 34-31

Partido moi igualado de principio a fin onde os rapaces superon superarse a sí mesmos e loitar contra os vaivéns do marcador.
Un gran traballo colectivo que ao final se resolveu con 2 puntos.
Quédannos 4 finais para optar a entrar na tan desexada F4. A por todas!!

#linea21 #somosl21 #novomesoiro

EQUIPO BENXAMÍN 26 MARZO

Esta fin de semana o noso equipo benxamín desprazouse a Lugo para xogar os seus partidos contra o Culleredo e contra o Lucense. Ambos finalizaron con victoria para os nosos por 12-4, cunha gran actuación de todo o equipo con moitos goles, paradas e unha defensa moi ben traballada. Con isto, os nosos continúan líderes na liga, asegurando a súa presenza no play-off que se desputará a finales de maio. A falta dunha xornada para rematar a competición debutou Mateo, a máis recente incorporación ao equipo.
Por outra banda o equipo prebenxamín xogou un partido amistoso contra o Liceo no pavillón de Novo Mesoiro.

#linea21 #somosl21 #novomesoiro