

Temporada 25-26
Categoría: Juvenil Masculino
Fase: Liga Ouro
Grupo: Fase Principal
Xornada: 1 de 18
Data: 28 septiembre 2025, 18:30
CRÓNICA do Partido
Crónica – 1ª Xornada Liga Ouro Xuvenil Masculina
Valinox Novás 38 – 25 BM Liña 21 A2IC Celulosas
O BM Liña 21 A2IC Celulosas debutou na Liga Ouro Xuvenil Masculina cun encontro esixente ante un rival forte nesta categoría, o Valinox Novás, que se levou o triunfo por 38-25.
O partido arrincou con dificultades para os nosos, que nos primeiros dez minutos acusaron a falta de concentración e cometeron numerosas perdas de balón con erros non forzados. Isto obrigou ao banco visitante a solicitar un tempo morto temperán para reorganizar a defensa e tentar reaxustar o xogo. Aínda así, a superioridade local fixo que o descanso chegase cun 20-9 en contra.
Tras o paso polos vestiarios, o equipo mostrou outra cara: maior intensidade defensiva, máis orde nas transicións e un esforzo colectivo que lle permitiu competir a mellor nivel. A diferenza no marcador seguiu sendo ampla, pero o equipo loitou ata o final, deixando boas sensacións de entrega e capacidade de reacción.
O debut deixa claro que hai moito traballo por diante, especialmente na redución de erros non forzados e na continuidade do xogo durante os 60 minutos. Con todo, tamén ofrece motivos para a esperanza: o equipo demostrou ilusión, confianza e compromiso para seguir medrando ao longo da tempada.
O resultado non reflicte o esforzo realizado na segunda metade, e o BM Liña 21 A2IC Celulosas sae desta primeira xornada coa certeza de que, paso a paso, poderá competir mellor na Liga Ouro.
GALERÍA de Fotos
CLASIFICACIÓN Xeral
EQUIPO | G | E | P |
Valinox Novas | 1 | 0 | 0 |
Embutidos Lalinense | 1 | 0 | 0 |
Buenas Migas Luceros | 1 | 0 | 0 |
Club Cisne Colegio Los Sauces | 1 | 0 | 0 |
Hierros Varela Urbieta Xiria | 1 | 0 | 0 |
Balonman Chapela | 0 | 0 | 1 |
Celtamotor Reconquista De Vigo | 0 | 0 | 1 |
S.D. Teucro Uie | 0 | 0 | 1 |
Martinez & De Castro Balonman Tui | 0 | 0 | 1 |
Bm Linea21 A2Ic Celulosas | 0 | 0 | 1 |
ESTADÍSTICAS do Xogo
Valinox Novas
Xogadores: Telmo Otero (1), Anton Fernandez (2), Aaron Carrera, Mario Fernandez, Martin Sobrino (5), Anton Dominguez (1), Yoel Fernandez (10), Xoel Fernandez (3), Alejandro Pereira (1), Brais Baz (3), Lucas Martinez (4), Nicolas Portela (3), Javier Calvo (3), Jorge Vaquero (2)
Adestradores: Iago Flores, Nicolas Lopez (Ayudante)
Oficiales: Manuel Angel Sobrino
Exclusiones: Martin Sobrino (02:33), Anton Fernandez (07:37), Anton Fernandez (10:41), Brais Baz (12:57)
Tempos Mortos:
Bm Linea21 A2Ic Celulosas
Xogadores: Hugo Bello (7), Aitor Vidal (2), Victor Perez (3), Isaac Garcia (2), Daniel Dominguez, Manuel Caamaño (3), Brais Garrido, Miguel Alvarez (1), Iago Muiño, Pablo Ares (3), Marko Valcarcel (1), Alejandro Vilariño (1), Adrian Veiga, Mateo Couce (1), Martin Cardenas (1)
Adestradores: Monica Barreiro
Oficiales: Eva Maria Varela, Roberto Bello
Exclusiones: Isaac Garcia (02:05), Alejandro Vilariño (19:43)
Tempos Mortos: 10:0
Equipo Arbitral: Diego Rivera Senra, Martin Rodriguez Tesouro, Sofia Viyella Carrera (Anotador), Ana Isabel Rodriguez Rodriguez (Anotador)
Acta: Ver Acta