Sábado de moito balonmán.
Comezamos cos alevins BM5 Línea21 ás 10 da maña en Tarrio, donde xogabamos co forte equipo femenino de Culleredo sen conseguir facer o noso mellor partido… por unha gran defensa cerrada das nenas non conseguimos moitos tiros con libertade, ademáis de que tal vez os nosos nenos todavía estiveran dormidos e con moito frío jeje. Mesmo así, conseguimos gañar dous cuartos, empatar un e perder o outro; nun partido bastante por debaixo das nosas posibilidades… cabe mais dedicación e adestrar duro!
Resultados BM Culleredo vs BM Linea21: 10/12, 6/6, 9/7 e 5/10.
Despois tocaba competir contra o
BM Culleredo, equipo forte da competición, perdendo os cuatro cuartos con diferencia seguindo os nosos rapaces cun día mais baixo do normal.
Posteriormente tamen en Tarrio era o turno dos benxamins, primeiro contra o Abegondo, equipo que está por diante nosa na taboa de competición, competian os nosos rapaces mais novos que a diferencia dos alevins lucharon cada balón e conseguiron gañar dous cuartos, empatar un e perder o outro. Outro bo partido dos nosos benxamins blancos, equipo f
ormado por benxamins de primeiro ano e prebenxamins.
Resultados BM Abegondo vs Linea21 Blanco: 2/5, 7/5, 6/6 e 6/8.
E na última hora da maña xogaron os benxamins azuis contra o equipo veciño de Arteixo, equipo que tamén está comenzando como o noso, pero os nosos xogadores conseguiron facer o partido simple e gañaron os catro cuartos nun sen dubida bo partido.
Resultados BM Arteixo vs BM Linea21 Azul: 1/10, 2/11, 1/8 e 3/7.
Esta finde os nosos infantís xogaban contra o BM Culleredo no pabellón de Novo Mesoiro. Partido que se nos complicaba no primeiro tempo pero podemos ir ao descanso co marcador ó noso favor 13-12.
Na segunda metade ata que estivemos a tablas a 19, o partido foi moi disputado de parte dos dous equipos, os nosos xogadores o daban todo en cada momento, pero desacertos nos lanzamentos e hacertos do garda meta rival facían que os do Culle se apoderaban do marcador, distanciándose nese mesmo nun 24-29 final.
A confianza pode ser unha «arma» que se nos pode vir en contra nestas situacións.
Retomemos conciencia e a seguir loitando polos postos de arriba.
Pola tarde os nosos Senior recibian a visita do Bm Poio, segundos na clasificatoria da taboa de 2° Autonómica.
O encontro empezaba moi igualado para os dous equipos, incluso nos pudemos por arriba en varias ocasións na primeira metade do encontro por mediacións de varios roubos de balóns do noso avanzado. Mala sorte de cada vez que podíamos encontrarnos nun man a man co garda meta, dado que xa non sabíamos si tiñan a un porteiro ou unha parede metida na portería.
Pudemos sacar moitísimos lanzamentos pero o mundo se nos viña abaixo ao encontrarnos co ese porteiro MVP.
Esto foi unha boa lección para nós, tanto no lado positivo coma no negativo, dado que de este partido sacaremos mellorías en varios aspectos ofensivos e defensivos.
Poñámonos as pilas de agora en diante que solo nos falta un partido por acabar a primeira volta e agora a engrenaxe se puxo a traballar.
Só nos falta xuntar as pezas do puzzle para demostrar que este equipo Sí vai a estar loitando neste grupo.
Todos os comezos son difíciles, sempre fai falta un tempo de adaptación !!!
Final 25-37 para os Vigueses.
Xa temos a Linea, pero a Linea 21
Enlace a los partidos: Alevines Infantil Senior