No noso club, a Xunta Directiva é o motor que impulsa o día a día, traballando con ilusión e compromiso cara aos valores que nos definen: esforzo, traballo en equipo,formación e respecto. A nosa misión é integrar a todas as partes que forman a gran familia do club: o staff técnico, o cadro de xogadores e xogadoras, e tamén ás familias que apoian desde a bancada e desde a casa. Só co esforzo de todos eles conseguimos facer posible a viabilidade técnica e económica que sostén o noso proxecto deportivo.
Cada decisión que tomamos busca fortalecer o sentimento de pertenza, impulsar o crecemento dos nosos equipos e garantir que os nosos deportistas máis novos gocen dun entorno seguro, formativo e enriquecedor. Para nós, o éxito dun club non se mide só en vitorias, senón no crecemento persoal e deportivo de cada membro.
É importante destacar que todos os integrantes da Xunta Directiva desempeñan as súas funcións de maneira totalmente voluntaria, sen percibir ningún tipo de remuneración. Esta dedicación desinteresada é un dos grandes orgullos do noso club, e representa á perfección os valores que queremos transmitir dentro e fóra da pista.
Grazas ao traballo conxunto da Xunta, dos adestradores e do staff, dos xogadores e das familias, seguimos medrando cada día, sempre fieis á nosa esencia e mirando ao futuro con paixón e responsabilidade.
Acompáñanme neste traballo apasionante as seguintes persoas:
Tesoureira: Ana Mouriño
Secretaría: Eva María Varela
Vocal: Pablo Escofet
Un Saúdo
Presidente: Alberto Mouriño