O sábado os nosos pequenos enfrontábanse ao Oar 1952, unha saída que se amosaba moi reñida e igualada. Seguindo as nosas expectativas, o encontro rematou en empate acabando cada cuarto con resultados moi igualados. Seguiremos mellorando e aprendendo.
CRÓNICA INFANTIL
Balonmán Porriño (27) Academia Pluralia Bm Línea 21 (31).
Na tarde do sábado o noso equipo infantil visitaba ao Balonmán Porriño nun partido que se antoxaba moi reñido e competitivo.
Os nosos entraron o partido con algunha dúbida añadido a que o porteiro local comezou moi acertado dixo que tomaran as primeiras ventaxas no marcador. Tras un tempo morto os nosos infantiles saíron cun extra de intensidade dándolle a volta o marcador chegando ao descanso cun resultado de 13-16. Na segunda parte o encontro seguiu coas mesma dinámica o que permitiu os nosos infantiles a irse no marcador ata os sete goles ; o equipo porriñés subiu a defensa a un 3:3 moi presionante o que fixo que se acercaran ao marcador ata o pitido final cun resultado de 27-31. Esta semana recibimos ao Seis do Nadal – Coia B no que os nosos infantís queren seguir co pleno de victorias.INFANTIL
Balonmán Porriño (27) Academia Pluralia Bm Línea 21 (31).
Na tarde do sábado o noso equipo infantil visitaba ao Balonmán Porriño nun partido que se antoxaba moi reñido e competitivo.
Os nosos entraron o partido con algunha dúbida añadido a que o porteiro local comezou moi acertado dixo que tomaran as primeiras ventaxas no marcador. Tras un tempo morto os nosos infantiles saíron cun extra de intensidade dándolle a volta o marcador chegando ao descanso cun resultado de 13-16. Na segunda parte o encontro seguiu coas mesma dinámica o que permitiu os nosos infantiles a irse no marcador ata os sete goles ; o equipo porriñés subiu a defensa a un 3:3 moi presionante o que fixo que se acercaran ao marcador ata o pitido final cun resultado de 27-31. Esta semana recibimos ao Seis do Nadal – Coia B no que os nosos infantís queren seguir co pleno de victorias.
CRÓNICA ALEVÍN
Os nosos alevíns desprazáronse ata O Porriño para disputar un amigable realizando un gran encontro, con unha boa defensa e un gran contraataque. Foi unha nova experiencia da que sempre se aprenden cousas novas. Despois do partido os nenos puideron presenciar o encontro de ABF Liga Iberdrola entre o @bmporrino e o @bmgranollers Gracias ao persoal do Porriño.
PARTIDOS FIN DE SEMANA 11-12/03/23
Crónica SENIOR
Bm linea 21 Lignum plus 34 -Bm Bueu 24
Victoria no primeiro encontro do grupo polo título.
Despois do mal sabor de boca da semana pasada na copa, o equipo saliu centrado na importancia dos puntos en xogo.
Un gran inicio defensivo , acompañado pola boa actuación na portería de Gaby fixo que o encontro se empezará a decantar dende os primeiros minutos.
Un pequeno baixón na finalización deixou o equipo de Bueu acercarse ata 1 gol. Un tempo morto chamou a filas aos xogadores que volveron a coller as rendas do encontro.
CRÓNICA BENXAMÍN
Os nosos pequenos enfrontábanse contra o Bm OAR, unha saída que se mantivo bastante igualada durante todo o encontro.
A melloría na actitude dos nosos pequenos tanto en adestramentos como en partidos está axudando a mellorar en todos os aspectos e conseguir resultados.
Isto non significa que nos vaiamos a relaxar, seguiremos dándoo todo e esforzándonos día a día.
CRÓNICA INFANTÍS
Academia Pluralia Bm Linea 21 (40) Bm Ribadosar.Es (19)
Na mañá do domingo o equipo infantil recibía ao equipo veciño de Santiago co obxetivo de resarcirse da derrota na primeira fase e demostrar a melloría no xogo dende o comezo da tempada. O equipo saiu moi enchufado en defensa e coas ideas moi claras collendo unha ventaxa inicial amplia basada nunha gran defensa e cun ataque fluído dando sempre un pase máis ; chegando ao descanso co resultado de 18-10. Na segunda parte os nosos infantís quizáis saíron cun exceso de relaxación debido a vantaxe ; recibindo 7 goles nos primeiros 12 minutos. Tras un tempo morto que serviu para aclarar as ideas , voltaron a amosar a súa mellor versión recibindo só 4 goles máis ata o final do encontro ; chegando a un resultado final de 40-19.
Con esta victoria os nosos infantís seguen con pleno de victorias nesta segunda fase. Esa semana visitarán ao Balonmán Porriño ; conxunto que se encontra nos primeiros postos da clasificación e seguro que ambos conxuntos darán un gran espectáculo.