

Temporada 25-26
Categoría: Cadete Masculino
Fase: Liga Prata
Grupo: Primera Fase
Xornada: 7 de 7
Data: 30 noviembre 2025, 13:00
CRÓNICA do Partido
Este domingo 30, ás 13:00 horas en Mesoiro, o noso equipo cadete disputou un encontro que mantivo a todos enganchados desde o primeiro momento. A primeira parte foi un continuo toma e daca, con moita igualdade no marcador. Ambos equipos mostraron un gran nivel e ningún conseguía impoñerse claramente, o que converteu os primeiros trinta minutos nunha batalla moi entretida e emocionante.
Tras o descanso, os nosos rapaces deron un paso adiante moi serio. O ataque comezou a funcionar con moita máis fluidez, escollendo boas opcións e rematando con decisión. Pero foi a defensa a que marcou realmente a diferenza: intensa, moi solidaria e tremendamente eficaz, logrando frear ao rival e impoñer o ritmo que nos interesaba.
Todos e cada un dos xogadores fixeron un partidazo, aportando enerxía, compromiso e bo xogo en cada rotación. Pese á distancia que había entre ambos equipos na clasificación, demostraron carácter e gañas de seguir medrando, levando finalmente unha vitoria máis que merecida.
Un triunfo importante, xusto premio ao traballo que veñen facendo semana tras semana. Noraboa equipo! ❤️🖤🤾♂️
CLASIFICACIÓN Xeral
| EQUIPO | G | E | P |
| Montaxes Carballo Xiria Verde | 6 | 0 | 0 |
| Asesoria Prego Balonman Naron | 4 | 0 | 2 |
| Millaven Cp Lucense | 4 | 0 | 2 |
| Bm Linea21 Auto Escola Copaco | 3 | 0 | 3 |
| Oar Coruña 1952 | 2 | 0 | 4 |
| Telepizza Arteixo | 1 | 0 | 5 |
| Club Balonman Viveiro | 1 | 0 | 5 |
ESTADÍSTICAS do Xogo
Bm Linea21 Auto Escola Copaco
Xogadores: Carlos Negreira (3), Erik Aller (3), Tomas Castro (7), Pablo Pena, Nicolas Cozzi (1), Antonio Fontenla, Alejandro Figueira, Martin Balado, Mauro Rojo, Malick Costoya (10), Yago Santos (4), Pablo Blasco, Gerardo Balay (5), Mateo Robles
Adestradores: Mateo Martin
Oficiales: Marcos Lopez
Exclusiones: Mauro Rojo (04:12)
Tempos Mortos:
Asesoria Prego Balonman Naron
Xogadores: Duarte Sabio (7), Claudia Fernandez (1), Emilia De, Hugo Santos, Markos Pita, Anxo Ardao (1), Alba Sanmartin (1), Bruno Rivera, Ismael Vazquez (4), Onan Ramirez (6), Javier Rodriguez (3), David Acuña (2), Alejandro Pereira, Daniel Castro (2)
Adestradores: Brais Caneiro
Oficiales: Sergio Fernandez, Maria Jesus Montero
Exclusiones: Claudia Fernandez (16:18), Onan Ramirez (24:23), Claudia Fernandez (24:23)
Tempos Mortos: 19:1
Equipo Arbitral: Martina Regueiro Insua
Acta: Ver Acta







