CRÒNICAS XORNADA 31/08 01/09

INFANTIL MASCULINO
Arrancamos a fase de clasificación do BM Línea 21 Trasgalo infantil masculino sumando dous puntos como locais.Bo comezo dos nosos nesta fase de clarificación con vitoria 39-18.Moitos minutos para todos os xogadores mostrando solidaridade no xogo en equipo. Seguimos traballando e crecendo, isto so é o comezo dun longo camiño !


CADETE
Valinox Atlético Novas 31 – BM linea 21 Reformas Coruña 30. Arrancamos a fase previa desprazándonos ao Rosal. Encontro que xa se plantexaba intenso dende o comezo, no que os ataques superaban as defensas, indo sempre 1-2 goles por debaixo no marcador. Na 2ªparte os 2 equipos modificaron as súas defensas, o cal fixo que a dificultade de cara a portería foi maior. Con todas estas e indo sempre por debaixo no marcador,a falta de 30 segundos co resultado 30-30 e con posesión, a falta de experiencia e os nervios provocaron un erro de pase a 10 segundos, que despois dun tempo morto o equipo local foi quen de marcar gol e levarse os 2 puntos. A pesar da derrota temos que destacar a capacidade de loita do equipo o cal non baixou os brazos nos 60 min.
En 15 días recibimos na casa o Reconquista, desexando poder sacar os primeiros puntos desta tempada.


SENIOR
O Grove Paraiso Rasoeiro Bm 27-30 Bm Línea 21 Lignum plus. Comezo da competición de Copa, co desprazamento ao Grove. Partido moi igualado, no comezo conseguimos pouco a pouco poñer unha pequena distancia ao descanso de 4 tantos gracias ás boas defensas. Na 2ª parte comezamos moi ben poñendo unha distancia de 9 tantos, que o Rasoeiro consigueu recortar ata 3 tantos ao final do encontro por erros en ataque e goles rápido. Primeira vitoria en competición onde nos espera o finde do 14 o desprazamento a Bueu para o 2º encontro.