SENIOR
Victoria frente ao Xallas, nun encontro no que estiveron todo o tempo axustados no marcador a pesar do inicio 7-1 que tivemos a favor. Sumamos dous puntos que tras a derrota de Sanxenxo e os enfrentamentos directos contra Sanxenxo e Moaña (os perseguidores)se conseguimos esas victorias xa lograríamos o noso obxetivo, unhas semanas claves as que nos esperan.
CADETES
Saida ante un Luceros, un partido moi igualado, a pesar do bo inicio antepoñéndonos ás correccións, fixeron que se igualara o descanso. Toda a 2ª parte foi a mesma dinámica nos distanciamos e recortaban tras varios erros nosos. O final ganando de 1 supemos finalizar o encontro no ataque e metendo gol que nos daba a victoria por 37-39.
INFANTIL OURO
BM Linea21 Transgalo 27- Disalmo BM Cangas 38. Na tarde do sábado os infantís de liga ouro enfrontáronse ao Campión Galego deste ano. Antes do comezo do encontro os nosos rapaces fixeron o pasillo de honra. O encontro xa se intuía complexo a priori, e así foi dende o comezo. As precipitacións os nervos facían que o equipo cangués se demostrar superior. As distancias no marcador sempre foron altas 8-22 o descanso, anda así os nosos rapaces sacaron o mellor deles na segunda parte e logaron recortar o marcador e acabar nun 27-38. Destacaremos a grandísima actuación de Darío en portería o cal foi o artífice de que o resultado non fóra máis abultado
ALEVÍN 7
Partido dos nosos nenos contra o Maquisaba Xiria onde os nosos conseguiron a victoria. O encontro iniciou cos nosos xogadores saindo cunha gran intensidade tanto no ataque coma na defensa conseguindo gañar os dous primeiros cuartos. O terceiro foi más complicado debido á forza ca que sairon os contrarios, aínda así os nosos nenos gañaron o cuarto. No último a falta de intensidade defensiva e ofensiva propiciaron que os contrarios conseguirán ganar o cuarto sen moitas dificultades.
ALEVÍN 5
O sábado, o noso equipo enfrontábase ao OAR, un partido moi complicado no que os adversarios levaron a voz cantante durante todo o encontro. A pesar da súa rapidez e da súa forza defensiva, que lles levou a quedarse cos catro cuartos, os nosos rapaces deron a cara como eles saben, non deixando indiferente a ninguen.
ALEVÍN 5
Encontro complicado contra Liceo, un gran equipo que na primeira volta non conseguimos facer un bo partido, en cambio esta fin de semana conseguiron plantarlle cara en todos os cuartos a pesar de perder moi contento co traballo realizado e o esforzo e coraxe demostrado. Un pasiño máis.
BENXAMÍN
Partido importante para os nosos benxamins que se enfrontaban contra o liceo, situado un posto enriba noso. Comezamos o partido con erros na defensa o que fixo que nos empatanse, mais souberon solucionalos e poder ganar dous cuartos cunha boa diferencia de goles. Cabe destacar a melloría dos máis pequenos xa que este mesmo equipo nos gañara todos os cuartos a vez pasada.