SENIOR
Bm Linea 21 Lignum Plus 29-29 Luceros B
A pesar do empate creo que se puido conseguir a victoria, moitas precipitacións en ataque tendo renta de 4 goles o final do encontro que nos recortaron rapidamente. Un punto que vale para seguir con unha pequena distancia dos perseguidores a seguir loitando polo noso obxetivo a falta de 5 xornadas.

INFANTIL FEMININO
Portaltec Bm Caselas 33-21 Bm Linea 21 Mi Barrio
Encontro que afrontamos con baixas importantes, pero foron quen de loitar todo o tempo a pesar da diferencia no marcador. Nunca baixaron os brazos e sairon algunhas a relucir que sempre estaban a sombra. A pesar da derrota moi orgulloso delas.
INFANTIL MASCULINO OURO
BM Línea 21 Transgalo 25-29 S.D. Teucro Uniwash. Os infantís caeron derrotados ante o seu rival directo nun encontro onde os erros de cara á portería e o guardameta pontevedrés marcaron a diferencia no marcador.
O equipo sigue loitando e aprendendo!
ALEVÍN 7
Asesoría Cervantes Xiria 9-7 BM Linea 21 Auto Escola Copaco
Difícil partido que comezou moi axustado cun empate no primeiro cuarto, na segunda parte os nosos nenos subiron a intensidade e conseguiron a victoria ainda así a insistencia do rival mais varios erros propios nos levaron a perder os dous últimos cuartos.

ALEVÍN 5
Bm linea 21 4- Bm Viveiro A 12
Partido difícil para os nosos alevíns, a pesar diso foron quen de loitar cada cuarto e demostrar as melloras que van acadando.

BENXAMÍN
Bm Línea 21 Mapfre Los Mallos 8-8 Oar Coruña. Encontro moi igualado no cal os nosos benxamíns loitaron ata o final para intentar conseguir a vitoria en todos os cuartos pero non pudo ser. Alguns erros en defensa e de saida de balón xogaron na nosa contra, ainda asi moi bo traballo dos rapaces
Aguas do Paraño Xiria 9-7 Bm Línea 21 Mapfre Los Mallos . Outro encontro das características do anterior, no que o equipo que menos fallos tivese ganaría o cuarto, a igualdade era máxima. A pesar do cansancio e de un mal comezo, os nosos rapaces supéronse sobre poñer acabando un empate e unha vitoria nos últimos cuartos para igualar todo na clasificación.
Bm Línea 21 Wekco.Net 5-11 Bm Culleredo
Foi un encontro de igual a igual no que empezaron con algúns erros pero pouco a pouco foron rectificándo e mellorando no partido. Pese a ser poucos xogadores deron o mellor de si e malia que empataron un cuarto e perderon os demais loitaron como ninguén.