CRÓNICA SENIOR 14/16 ABRIL

Esta fin de seman tivemos un doble enfrontamento ante o Sanxenxo Balonmán.
Ambos encontros acabaron coa victoria para os nosos.
O sábado en Sanxenxo os senior demostraron todo o potencial ofensivo, facendo imposible que a defensa do equipo local fóra quen de parar as rápidas contras.
O domingo na casa o encontro transcurriu con outro guión. Axustes defensivos do equipo de Sanxenxo dificultou moito máis o xogo.
4 puntos vitales para seguir na loita polo ansiado ascenso

#linea21#somosl21#novomesoiro

CRÓNICA BENXAMÍN 14/16 ABRIL

Este fin de semana a xornada para os nosos pequenos viña chea de balonmán despois de volver das vacaciòns.
O venres, a @fedgalegabm organizou un torneo de 5×5, ao que non iamos faltar. Non tivemos moita sorte, xa que os equipos de Culleredo amosáronse moi cómodos en ambos os dous encontros xogados.
Ao dia sefuinte, a xornada no pavillòn de Tarrío enfrontábanos ao Arteixo feminino no que o noso equipo se mantivo moi seguro durante o encontro, rematando así nun 4-12 para o Línea21. O seguinte e último partido da fin de semana, enfrontábanos contra o Tirso de Molina, onde os nosos rapaces deron a cara como saben, aínda que o partido non rematou como nos gustaría a pesar de dalo todo na pista. Rematamos con un 4-12 no marcador, saíndo o rival vencedor por moi pouca diferenza de goles en cada cuarto.

#linea21#somosl21#novomesoiro

CRÓNICA SENIOR

BM Linea 21 Lignum plus 33 – UB Lavadores 23

A pesar do abultado do resultado o noso equipo non estivo cómodo en ningún momento do encontro.
Algúns desaxustes en defensa e a falta de continuidade en momentos de partido facía que o equipo non fóra quen de despegarse do equipo Vigués ata os comezos da segunda parte.
Destacamos a brillante actuación de Diego en portería así como o début dos primeiras liñas Mateo e Urbieta.

#linea21#somosl21#novomesoiro

CRÓNICA INFANTIL

Academia Pluralia Bm Línea 21 (25) – Seis do Nadal Coia B (11)
Na mañá domingo os nosos infantís recibían ao equipo de Vigo co obxetivo de conseguir os dous puntos e seguir ó fronte da clasificación. O conxunto local amosouse superior en todo momento cunha gran actuación de Brais basada nunha defensa sólida. Sin embargo o ataque non foi todo o fluído como no resto de partidos ao non saber impor un ritmo propio e adaptarse en exceso a un ritmo demasiado lento por parte dos de Coia.
Con estes dous puntos os nosos infantís seguen na zona noble da clasificación . Para a vindeira semana visitan ao Colegio Liceo La Paz nun encontro que se espera que se moi reñido e que se decanto por un dos conxuntos en pequenos detalles como foi o encontro da primeira fase.

#linea21#somosl21#novomesoiro

CRÓNICA ALEVÍN

BM Culleredo Ascor Consulting 12 – BM linea 21 Restaurante Cho 4
Na mañá do domingo os nosos alevíns visitaban o pavillón de Almeiras para enfrontarse a un dos mellores equipos da categoría, aínda que non foron quen de conseguir empatar nin gañar ningún cuarto, estiveron loitando en cada un deles, obrigando ao equipo local a dar o mellor de sí para sacar o encontro adiante.
Un orgullo a mellora, o traballo e o compromiso destes brillantes rapaces.

#linea21#somosl21#novomesoiro

CRÓNICA BENXAMÍN

O sábado os nosos pequenos enfrontábanse a unha xornada con dous partidos que nos poñían como contrarios a dous equipos do Arteixo.
O primero partido rematou nun 5-11, un partido no que os nosos tiveron unha floxera en defensa e os nosos contrarios foron quen de aproveitar saíndo eles vitoriosos.
O segundo partido da xornada presentòusenos moito máis doado, onde os nosos se viñeron arriba na maioría de acciòns de xogo, facendo que o resultado fose igual que o anterior pero ao noso favor.

#linea21#somosl21#novomesoiro