Sábado, 24 oct 10:00 h – A Casqueira
Cadete Masculino – Fase Clasificación Liga Prata – – Grupo A


Sábado, 24 oct 10:00 h
Cadete Masculino – Fase Clasificación Liga Prata – – Grupo A (A Casqueira)


Sábado, 24 oct 10:00 h – P. Lalín Arena
Cadete Masculino – Liga Ouro – Liga Regular – Grupo


Sábado, 24 oct 10:00 h
Cadete Masculino – Liga Ouro – Liga Regular – Grupo (P. Lalín Arena)


O BM Línea 21 cadete masculino de Liga Ouro conquista unha vitoria en Lalín
O noso cadete masculino de Liga Ouro conseguiu unha importante vitoria en Lalín nun encontro no que o equipo tivo que ir de menos a máis. Os primeiros minutos estiveron marcados por varios desaxustes tanto ofensivos como defensivos, pero os nosos xogadores souberon asentarse pouco a pouco, mellorando a súa solidez defensiva e aproveitando varias accións de contraataque que permitiron abrir diferenzas no marcador.
Na segunda metade, o equipo mantivo o equilibrio e soubo xestionar a vantaxe para asegurar a vitoria. Un triunfo construído desde a capacidade de reacción, a mellora defensiva e o acerto á hora de transformar as recuperacións en goles, nunha pista sempre esixente como a de Lalín.
Sábado, 24 oct 10:45 h – P.M. Novo Mesoiro
Alevin Mixto – Alevin Mixto 7 – Liga Regular – Grupo Norte


Sábado, 24 oct 10:45 h
Alevin Mixto – Alevin Mixto 7 – Liga Regular – Grupo Norte (P.M. Novo Mesoiro)



Onte nosos Alevin7 xogaron a súa segunda xornada de Liga vs o Balonman Xiria de Carballo. Nosos rapaces saíron moi enchufados dende o minuto un o que lles permitíu obter un resultado favorable en todolos cuartos. Destacar unha boa defensa colectiva, pechando a zona central, con moitas axudas e complicandolle moito o inicio do ataque ao equipo rival. Con esta vitoria seguimos no alto da clasificación e con moitas ganas das vindeiras xornadas, nas cales seguindo nesta liña de traballo, obteremos bos resultados.
Sábado, 24 oct 10:45 h – Complejo Deportivo De Fontenla
Infantil Femenino – Fase Clasificación Liga Prata – – Grupo A


Sábado, 24 oct 10:45 h
Infantil Femenino – Fase Clasificación Liga Prata – – Grupo A (Complejo Deportivo De Fontenla)



Balonmano Xallas B 27-41 BM Linea21 Arealonga Clínica Veterinaria.
Gran partido das nosas infantiles onde foron quen de levar a dianteira durante todo o encontro ao demostrar un gran traballo grupal tanto na defensa coma no ataque conseguido así acadar a victoria.
Sábado, 24 oct 11:30 h – P. Lalin Arena P2
Infantil Masculino – Liga Ouro – Liga Regular – Grupo


Sábado, 24 oct 11:30 h
Infantil Masculino – Liga Ouro – Liga Regular – Grupo (P. Lalin Arena P2)


Os infantís masculinos de Liga Ouro seguen medrando como equipo
Os infantís masculinos do BM Línea 21 de Liga Ouro continúan dando pasos adiante nesta tempada, demostrando partido a partido a súa evolución e o seu crecemento colectivo. Nesta ocasión, o equipo destacou polo seu bo traballo defensivo, coa implicación de todos os xogadores e unha gran intensidade para dificultar o ataque rival. O bo facer colectivo permitiulles chegar ao descanso con vantaxe no marcador, reflexo do traballo realizado durante a primeira metade.
Seguimos medrando, aprendendo e mellorando xuntos, construíndo un equipo cada vez máis sólido e competitivo. O traballo colectivo é o camiño para seguir avanzando!
Sábado, 24 oct 13:00 h – Novo Mesoiro P.M.
Cadete Femenino – Liga Ouro – Liga Regular – Grupo


Sábado, 24 oct 13:00 h
Cadete Femenino – Liga Ouro – Liga Regular – Grupo (Novo Mesoiro P.M.)



As nosas Cadete Feminino de Liga Ouro obteñen un gran triunfo na casa contra o Cisne de Pontevedra.
Nos primeiros minutos, cunha alta intensidade por parte das nosas rapazas púxonos cun resultado a nosa prol de 9-5. Unha gran defensa roubando balóns e subindo con moita velocidade a transición puxo as cousas complicadas ao equipo visitante.
No ataque, marcando as situacións pautadas durante toda a semana, boas continuidades e tomas de decisión durante todo o partido puxeron moi de cara o encontro.
Finalmente as nosas, non baixaron o nivel e lograron unha importantísima vitoria por 40-30. Primeiros dous puntos para este gran grupo que logra así unha merecida recompensa tras o bo facer durante esta tempada. Este é o camiño a seguir durante a competición, seguro que pronto darannos moitas máis alegrías.
Sábado, 24 oct 13:00 h – A Casqueira
Infantil Masculino – Fase Clasificación Liga Prata – – Grupo A


Sábado, 24 oct 13:00 h
Infantil Masculino – Fase Clasificación Liga Prata – – Grupo A (A Casqueira)


Esta semana, el Infantil Masculino del BM Línea 21 se desplazó hasta la pista del BM Pontedeume para disputar una nueva jornada de competición.
Nuestros jugadores se enfrentaron a un rival superior tanto física como numéricamente, debido a las numerosas bajas en nuestra plantilla. Esta situación nos obligó a disputar todo el encuentro con un jugador menos, condicionando claramente el desarrollo del partido.
A pesar de las dificultades, el equipo consiguió mantenerse en el encuentro durante buena parte de la primera mitad, llegando incluso a estar empatado hasta aproximadamente su ecuador. Gran parte de ello fue gracias a las intervenciones de Izan bajo palos, que permitió a los nuestros seguir compitiendo frente a un rival exigente.
Más allá del resultado, el equipo continúa mostrando una evolución positiva. Poco a poco se empieza a notar una gran mejoría tanto en defensa, con mayor intensidad y solidez, como en ataque, donde seguimos creciendo y ganando confianza.
Aunque todavía queda mucho trabajo por delante, nuestros jugadores siguen demostrando esfuerzo, compromiso y ganas de mejorar jornada tras jornada.
MEDRA CON NÓS ❤️🖤
Sábado, 24 oct 16:30 h – P.M. Novo Mesoiro
Senior Masculino – 1ª Autonómica – Liga Regular – Grupo Único


Sábado, 24 oct 16:30 h
Senior Masculino – 1ª Autonómica – Liga Regular – Grupo Único (P.M. Novo Mesoiro)



Domingo, 25 oct 16:30 h – P.M. Novo Mesoiro
Senior Masculino – 2ª Autonómica – Liga Regular – Grupo Único


Domingo, 25 oct 16:30 h
Senior Masculino – 2ª Autonómica – Liga Regular – Grupo Único (P.M. Novo Mesoiro)



Domingo, 25 oct 16:30 h – P. M. Carballal
Juvenil Masculino – Liga Ouro – Liga Regular – Grupo


Domingo, 25 oct 16:30 h
Juvenil Masculino – Liga Ouro – Liga Regular – Grupo (P. M. Carballal)


Os xuvenís de Liga Ouro buscan a regularidade en Carballal
O BM Línea 21 xuvenil de Liga Ouro desprazouse ata o Pavillón Municipal de Carballal nun encontro marcado pola irregularidade. Unha primeira parte na que o equipo estivo desconectado en defensa e sen atopar solucións en ataque permitiu ao conxunto local chegar ao descanso cunha vantaxe de seis goles.
Tras o paso polos vestiarios, os nosos xogadores reaccionaron e amosaron unha mellor versión, chegando a situarse catro tantos por diante no marcador. Porén, os numerosos erros e a falta de continuidade impediron manter esa vantaxe, facendo que os dous puntos quedasen en Vigo.
O equipo seguirá traballando para atopar a regularidade e o equilibrio necesarios nos próximos encontros, coa confianza de que o esforzo colectivo permitirá transformar o traballo diario nos puntos que este grupo merece.
Domingo, 25 oct 18:30 h – P. M. De Galan (Oseiro ) Arteixo
Senior Masculino – 1ª Autonómica – Liga Regular – Grupo Único


Domingo, 25 oct 18:30 h
Senior Masculino – 1ª Autonómica – Liga Regular – Grupo Único (P. M. De Galan (Oseiro ) Arteixo)









