Bm Linea 21 Fixman Noroeste seguirá un año más en la liga Oro
¡O Infantil Masculino estará na Liga Ouro! 🏆
Os nosos infantís pecharon un intenso Play Off de tres xornadas conseguindo o obxectivo marcado: a clasificación para a Liga Ouro Infantil Masculina
A fase comezou en Mesoiro, cun gran encontro ante o primeiro rival. A pesar dos nervios iniciais propios dunha cita tan importante, os rapaces souberon asentarse na pista e levar o control do partido. A **solidez defensiva* foi a gran protagonista, impedindo que o rival tivese opcións de entrar no encontro, mentres o equipo amosaba tamén un bo nivel no xogo ofensivo.
No segundo partido, ante o Bueu, chegou a derrota. Os nervios, a falta de concentración nalgúns momentos e, especialmente, os **numerosos erros nas ocasións claras diante do porteiro na primeira parte*, impediron que o equipo puidese engancharse ao encontro.
Coa clasificación aínda ao alcance, tocaba pechar o Play Off ante o *Balonmán Xiria. Os nosos afrontaban o partido sabendo que incluso unha derrota por menos de dez goles permitiría conseguir o pase á Liga Ouro. Pero lonxe de especular co resultado, o equipo saíu decidido a competir e asinou un gran encontro, dominando desde o inicio.
A defensa volveu ser un dos grandes puntos fortes do equipo e, xunto cun ataque profundo e efectivo, permitiu abrir diferenzas e evitar que o conxunto de Carballo tivese opcións de entrar no partido. Ademais, todos os xogadores, tanto de primeiro como de segundo ano, puideron gozar de importantes minutos e contribuír a esta clasificación.
Tres partidos, moitas aprendizaxes e un gran premio ao traballo realizado..
Parabéns, rapaces! O Infantil Masculino xa ten o seu sitio na Liga Ouro. Agora toca seguir traballando, medrando e desfrutando deste equipo. 💪🤾♂️🏆
Seguimos aprendiendo, seguimos creciendo.
Medra con Nós! 🖤❤️







