Daniel Bra , á élite nacional!
Que orgullo tan grande para toda a familia do Balonmán Línea 21! O noso pivote infantil Dani Bra, un rapaz que leva anos dándonos alegrías no club, vén de recibir unha convocatoria da Real Federación Española de Balonmano. Trátase das xornadas de tecnificación nacional que se celebrarán no CAR de Sierra Nevada, do 19 ao 26 de febreiro. Alí, Daniel compartirase experiencias con outros 69 xogadores da xeración 2011-12 de toda España, nun ambiente de alto nivel que lle vai servir para seguir crecendo como pivote e como deportista. É un recoñecemento ao seu talento, ao traballo diario no pavillón e ao bo facer do noso club nas categorías de base.
Un inicio de ano cheo de éxitos e medallas
Daniel está nunha racha impresionante dende principios de ano. Hai só unas semanas, competiu no Campeonato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) coa selección galega infantil, onde lograron un fantástico cuarto posto que souben a pouco, pero que demostra o potencial destes mozos. E non foi o único do noso equipo alí: os seus compañeiros Rachel Ortiz tamén brillou na categoría infantil feminina, acadando ese mesmo cuarto posto con Galicia, mentres que Manuel Caamaño colleitou unha medalla de bronce na cadete masculina. Estes logros non son casualidade; son o froito do esforzo colectivo, das horas de adestramento e do espírito de equipo que se respira no Línea 21. Noraboa a todos eles, e a seguir representando a Coruña e a Galicia coa mesma ilusión!







