CESA 2026
📣ORGULLO LÍNEA 21!
O noso club Balonmán Línea 21 estará representado no CESA 2026, que se celebrará en Blanes do 3 ao 8 de xaneiro, e non podemos estar máis orgullosos/as dos nosos xogadores e xogadora convocados/as coa selección autonómica 🙌.
🔹 Infantil Masculino: Daniel Bra González
🔹 Infantil Feminino: Rachel Ortiz Delgado
🔹 Cadete Masculino: Manuel Caamaño Varela.
Onte, en Silleda, celebrouse o acto de presentación oficial das seleccións autonómicas, un momento moi especial que marca o inicio dunha experiencia inesquecible para eles/as.
Desde o club queremos felicitarvos polo voso traballo, compromiso e esforzo. Levarédelo noso escudo con orgullo e todo o Balonmán do Línea 21 estará animando dende a casa 💪💙.
Gozade da experiencia!







