Torneo NADAL
Estimadas familias,
Dende o club temos o pracer de informarvos da celebración do noso Torneo de Nadal “Medra con nós e en familia”, unha xornada lúdica e deportiva pensada para compartir o noso deporte, o balonmán, entre pais, nais e fillos/as.
📅 Data: martes 23 de decembro
⏰ Horario: de 17:00 a 20:00 horas
📍 Lugar: Pavillón Novo Mesoiro
Horarios por categorías:
17:00 – 18:00: Alevín 5 e 7.
18:00 – 19:00: infantil masculino prata e infantil femenino.
19:00 – 20:00: Benxamíns e Prebenxamíns
Durante o evento realizarase unha recollida solidaria de alimentos e xoguetes, destinada ao Banco de Alimentos e a entidades colaboradoras, polo que agradecemos a vosa colaboración coa achega de produtos non perecedoiros e xoguetes (en bo estado).
Para crear un ambiente festivo, animámosvos a acudir con vestimenta ou algún accesorio de Nadal.
O máis importante desta celebración é gozar xuntos en familia do noso deporte, fomentando valores como a convivencia, a solidariedade e o compañeirismo.
O evento está aberto a persoas non vinculadas co club que queiran achegarse e probar connosco esta experiencia.
Agardámosvos para desfrutar dunha tarde chea de balonmán, diversión e espírito do Nadal.
🎄 O Club Balonmán Línea 21 deséxavos un Bo Nadal e unhas Felices Festas en familia. 🎄
Un cordial saúdo,
O Club Balonmán Línea 21







