Sábado, 29 nov 09:45 h – P. San Marcos (Abegondo)
Alevin Mixto – Alevin Mixto 7 – Liga Regular – Grupo Norte


Sábado, 29 nov 09:45 h
Alevin Mixto – Alevin Mixto 7 – Liga Regular – Grupo Norte (P. San Marcos (Abegondo))



5ta xornada na liga, unha visita ao Abegondo dos nosos Alevins. O encontro comezou moi mal para os nosos rapaces, perdendo asi os dous primeiros cuartos. Moitos erros non forzados, de lanzamento e na defensa privaronnos de pelexar co equipo local. Nos dous últimos cuartos a cosa cambiou. Corrixir os erros e unha boa defensa, permitiron o empate no terceiro e un axustadisimo cuarto final, que finalmente gañou por 1 gol o rival.
Destacar o debut dos Benxamíns de primeiro ano Roi Cárdenas e Xabi Nogueira, mais o segundo partido na categoría de Luka Valcárcel.
Sábado, 29 nov 10:00 h – P. Cardeal Quiroga Palacios
Alevin Mixto – Alevin Mixto 5 – Liga Regular – Grupo Norte


Sábado, 29 nov 10:00 h
Alevin Mixto – Alevin Mixto 5 – Liga Regular – Grupo Norte (P. Cardeal Quiroga Palacios )



Bm Ribadosar 12-4 BM Linea 21 Aerolonga Clínica Veterinaria.
Partido complicado ao que se enfrentaron os nosos nenos onde o rival levou a dianteira durante os catro cuartos inda así os nosos xogadores continuaron loitando todo o tempo pese a non lograr a victoria.
Sábado, 29 nov 10:00 h – P. Cardeal Quiroga Palacios
Benjamin Mixto – Benxamin Mixto – Liga Regular – Grupo Norte


Sábado, 29 nov 10:00 h
Benjamin Mixto – Benxamin Mixto – Liga Regular – Grupo Norte (P. Cardeal Quiroga Palacios )



Os nosos benxamíns do equipo BM Línea 21 Mapfre Los Mallos viaxaban a Santiago de Compostela para afrontar o encontro contra Ribadorsar. Comenzaron con dúbidas pero logo foron capaces de ler ao rival e demostrar a súa capacidade de adaptación. Desfrutando un día más do noso deporte; do balonmán!
Sábado, 29 nov 11:30 h – P.M. Novo Mesoiro
Benjamin Mixto – Benxamin Mixto – Liga Regular – Grupo Norte


Sábado, 29 nov 11:30 h
Benjamin Mixto – Benxamin Mixto – Liga Regular – Grupo Norte (P.M. Novo Mesoiro)



Os benxamíns do Bm Línea 21 Wecko.Net xogaba este pasado sábado fronte ao Mcdonal’s Balonmán Narón deixando un xogo colectivo moi solidario e desfrutando de cada acción.
Os máis pequenos demostran a súa paixón polo noso deporte!
Sábado, 29 nov 18:00 h – P.M. Novo Mesoiro
Juvenil Masculino – Liga Ouro – Fase Principal


Sábado, 29 nov 18:00 h
Juvenil Masculino – Liga Ouro – Fase Principal(P.M. Novo Mesoiro)



O equipo xuvenil masculino do Bm Línea 21 A2Ic Celulosas quedou ás portas de sumar os 2 puntos. Partido moi igualdado de principio a fin ata os 5 últimos minutos onde varios erros de lanzamento e outros despistes en defensa propiciaron que o BM Chapela anotase para llevarse os dous puntos.
Do que sí estamos seguros e de que esté equipo merece máis e aínda queda por diante moito.
Ánimo e seguide traballando como o estades a facer!
Sábado, 29 nov 18:15 h – P. M. De Coia
Senior Masculino – 1ª Autonómica – Liga Regular – Grupo Único


Sábado, 29 nov 18:15 h
Senior Masculino – 1ª Autonómica – Liga Regular – Grupo Único (P. M. De Coia)


Sábado, 29 nov 20:00 h – P.M. Novo Mesoiro
Cadete Masculino – Liga Ouro – Fase Principal


Sábado, 29 nov 20:00 h
Cadete Masculino – Liga Ouro – Fase Principal(P.M. Novo Mesoiro)


Domingo, 30 nov 10:30 h – P.M. Novo Mesoiro
Infantil Masculino – Liga Ouro – Fase Principal


Domingo, 30 nov 10:30 h
Infantil Masculino – Liga Ouro – Fase Principal(P.M. Novo Mesoiro)


Domingo, 30 nov 11:45 h – P.M. Novo Mesoiro
Infantil Masculino – Liga Prata – Primera Fase – Grupo E


Domingo, 30 nov 11:45 h
Infantil Masculino – Liga Prata – Primera Fase – Grupo E (P.M. Novo Mesoiro)



Pechamos a primeira fase da tempada cunha vitoria moi traballada ante o Narón nun partido moi apertado e cheo de intensidade. Foi un encontro igualado, con alternativas para os dous equipos, no que soubemos sufrir e manter a calma nos momentos decisivos.
O equipo mostrou carácter, compromiso e moita unión para sacar adiante un resultado moi importante. Un triunfo que reforza a confianza e confirma a boa dinámica coa que chegamos ao seguinte tramo da tempada.
Domingo, 30 nov 13:00 h – P.M. Novo Mesoiro
Cadete Masculino – Liga Prata – Primera Fase – Grupo E


Domingo, 30 nov 13:00 h
Cadete Masculino – Liga Prata – Primera Fase – Grupo E (P.M. Novo Mesoiro)



Este domingo 30, ás 13:00 horas en Mesoiro, o noso equipo cadete disputou un encontro que mantivo a todos enganchados desde o primeiro momento. A primeira parte foi un continuo toma e daca, con moita igualdade no marcador. Ambos equipos mostraron un gran nivel e ningún conseguía impoñerse claramente, o que converteu os primeiros trinta minutos nunha batalla moi entretida e emocionante.
Tras o descanso, os nosos rapaces deron un paso adiante moi serio. O ataque comezou a funcionar con moita máis fluidez, escollendo boas opcións e rematando con decisión. Pero foi a defensa a que marcou realmente a diferenza: intensa, moi solidaria e tremendamente eficaz, logrando frear ao rival e impoñer o ritmo que nos interesaba.
Todos e cada un dos xogadores fixeron un partidazo, aportando enerxía, compromiso e bo xogo en cada rotación. Pese á distancia que había entre ambos equipos na clasificación, demostraron carácter e gañas de seguir medrando, levando finalmente unha vitoria máis que merecida.
Un triunfo importante, xusto premio ao traballo que veñen facendo semana tras semana. Noraboa equipo! ❤️🖤🤾♂️






