Non hai dous sen tres: Os Nosos Cadetes de Ouro

7 de octubre de 2025
cadetes ouro1
cadetes ouro2

 

Xornada 1 – Venres 3

Bm Linea21 Reformas Coruña Sl 2021  38 – 31  Balonmano Porriño

BM Linea21 comeza a súa andaina no play off cunha victoria convincente. A pesar dos nervios propios do arranque, as rápidas accións dos nosos xogadores fixeron imposible que o equipo do Porriño puidese frear o noso ritmo. Esta vitoria marcou o ton para os partidos seguintes.

Crónica e Fotos

Xornada 2 – Sábado 4

Bm Linea21 Reformas Coruña Sl 2021  34 – 25 Nv Cars Carballal

No segundo encontro, o BM Linea21 enfrontouse ao que a priori era o equipo máis forte do grupo e soubo demostrar o seu valor e capacidade sobre a pista. A defensa foi impoñente e as accións rápidas dos nosos fixeron que o equipo vigués non tivese opcións durante o partido. Con esta segunda victoria, o BM Linea21 asegurou matematicamente o seu posto na Liga Ouro, un gran logro para o equipo.

Crónica e Fotos

Xornada 3 – Domingo 5

Bm Linea21 Reformas Coruña Sl 2021 41 – 37 Club Bm Abegondo

Na última xornada, aínda con todo xa decidido na clasificación, o equipo loitou con forza para manter o primeiro posto do grupo. O rival, o Abegondo, puxo toda a intensidade para tentar arrincar unha victoria que lle permitise clasificarse. Foi un encontro intenso, cheo de accións destacadas, pero a pesar de que a diferenza de goles non foi moi grande, o BM Linea21 mantivo sempre a distancia necesaria para garantir o liderado do grupo.

Crónica e Fotos

 

En resumo, o BM Linea21 demostrou a súa fortaleza e capacidade competitiva ao longo destes tres partidos, logrando un pase sólido á seguinte fase e un mérito importante no seu grupo. Noraboa aos xogadores e ao corpo técnico!

COÑÉCENOS

Somos un club de Balonmán da cidade da Coruña no barrio de Novo Mesoiro
https://bmlinea21.es/wp-content/uploads/2025/03/footer-2-e1746551473324.png