BM Línea 21 brilla nas bases: Xuveniles, Cadetes e Infantís clasifícanse para a Liga Ouro

7 de octubre de 2025
cadetes ouro1
cadetes ouro2
infantiles_ouro_celebracion
infantiles_ouro
Xuveniles
lalin linea 21

O Club Balonmán Línea 21 continúa a súa lenda nas categorías de base coa clasificación dos seus equipos Xuvenil, Cadete e Infantil para a prestixiosa Liga Ouro, a competición que reúne os dez mellores equipos de balonmán da Comunidade Autónoma de Galicia. Un éxito histórico que reflicte o esforzo, o talento e a calidade do traballo realizado no club desde a súa fundación.

No equipo Infantil, o BM Línea 21 Restaurante Cho asinou un play off impecable nos días 26, 27 e 28 de setembro, vencendo con claridade os tres encontros disputados. Cunha defensa sólida en bloque, o equipo logrou recuperar balóns e transformar cada ocasión nun contraataque demoledor, cunha intensidade constante á altura dos mellores. Esta clasificación para a Liga Ouro sitúa ao equipo infantil entre os mellores conxuntos da comunidade, abrindo un futuro prometedor para o club.

O equipo Cadete o BM Reformas Coruña Sl 2021  tamén brilou no play off, comezando cunha victoria convincente ante o Balonmano Porriño que marcou o ton para os seguintes encontros. A defensa impoñente e as accións rápidas deronlles unha segunda vitoria ante o forte Nv Cars Carballal, co que conseguiron garantir matematicamente o paso á Liga Ouro. Nun encontro intenso, mantiveron o liderado do grupo fronte ao Club BM Abegondo, demostrando fortaleza e garra ata o final. A clasificación cadete representa un fito relevante para o club, simbolizando a súa progresión deportiva.

Na categoría Xuvenil, o BM Línea 21 A2iC Celulosas fixo historia nunha concentración celebrada do 12 ao 14 de setembro no pavillón do Gatañal en Cangas, onde obtiveron dous triunfos fundamentais fronte ao Balonmano Porriño e ao Hiit Boxing and Gym BM Cangas, e unha derrota nun partido intenso contra o potente Buenas Migas Luceros. A defensa sólida e a experiencia do equipo, formado por xogadores que medran co club desde as categorías máis pequenas, foron claves para garantir a clasificación para a Liga Ouro, abrindo unha nova etapa para o conxunto. O apoio da afección e a loita constante foron unha motivación esencial nesta aventura.

Este logro colectivo non sería posible sen o incansable traballo do corpo técnico, que deixan unha pegada imborrable no desenvolvemento dos xogadores con metodoloxía, dedicación e empatía. Tamén hai que destacar a labor dos axudantes e da directiva do club, que sosteñen esta estrutura competitiva e formativa con compromiso e paixón. Sen esquecer o apoio fundamental da afecciónfamilias, compañeiras inseparables nesta andaina de esforzo e superación constante.

Ademais, nada disto sería posible sen o apoio incondicional dos patrocinadores do BM Línea 21, que comparten a paixón polo esforzo, o traballo en equipo e a superación que caracteriza ao club.

En resumo, o BM Línea 21 non só suma resultados e clasificacións, senón que consolida unha identidade de defensa, velocidade e espírito colectivo que garante un futuro moi esperanzador para o club e as súas categorías base. Noraboa a todos os xogadores, adestradores, directivos, afección e familias que fan posible esta marabilla no balonmán coruñés.

COÑÉCENOS

Somos un club de Balonmán da cidade da Coruña no barrio de Novo Mesoiro
https://bmlinea21.es/wp-content/uploads/2025/03/footer-2-e1746551473324.png