A pasada fin de semana, os días 26, 27 e 28, o BM Liña 21 Restaurante Cho asinou un Play Off impecable na fase única do Grupo C, onde se impuxo con claridade nos tres encontros disputados. Máis alá dos marcadores abultados, o equipo destacou polo seu traballo defensivo colectivo e pola capacidade de transformar cada recuperación en rápidas transicións e contraataques demoledores.
Con esta vitoria, o equipo clasifícase para a Liga Ouro, onde competirá entre os dez mellores conxuntos da nosa comunidade por acadar unha das prazas que lle permitan loitar polo campionato nacional.
Xornada 1 – Venres 26
BM Liña 21 Restaurante Cho 55 – 25 U.B. Lavadores Vigo
O debut tivo un denominador común: a defensa en bloque. O conxunto soubo pechar liñas, forzar perdas e recuperar balóns que se transformaron nunha enxurrada de contraataques imparables. A intensidade foi constante e o rival apenas puido responder ao ritmo imposto polos locais, que xa ao descanso tiñan o encontro encarrilado.
Xornada 2 – Sábado 27
BM Liña 21 Restaurante Cho 41 – 15 Autocaravanas Van & Fun
Na segunda cita, o equipo reafirmou a súa identidade cunha defensa solidaria e ben organizada, clave para abrir o camiño a transicións letais. A coordinación entre todas as liñas rozou a perfección, dando lugar a un auténtico espectáculo ofensivo. Especialmente destacable foi a actuación do gardameta Mario, que rubricou un encontro impecable grazas tamén ao traballo defensivo global.
Xornada 3 – Domingo 28
BM Liña 21 Restaurante Cho 47 – 31 BM Reconquista de Vigo
O domingo celebrouse o terceiro encontro co obxetivo acadado. O Reconquista logrou manter o pulso nos primeiros minutos, pero o traballo defensivo coral acabou marcando a diferenza. O Bm Liña 21 Resaurante Cho soubo resistir as acometidas rivais, recuperou confianza desde atrás e, coa mesma frescura no contraataque, rompeu o partido na segunda metade. Unha vez máis, a transición defensa–ataque resultou letal.
Resumo do Play Off
Tres vitorias, máis de 140 goles a favor e a sensación de ter construído o éxito desde atrás. O BM Linea 21 Restaurante Cho apoiouse nunha defensa solidaria e comprometida, que sempre funcionou como primeira pedra do seu xogo, e na velocidade e intensidade no contraataque, que se converteu na mellor arma ofensiva do torneo.
O equipo demostrou que a unión e o esforzo colectivo marcan a diferenza. Máis alá dos resultados, deixou patente unha identidade clara: defender xuntos, correr todos e gozar de cada balón.
❤️🖤❤️🖤❤️🖤