Somos Ouro

17 de septiembre de 2025
xuveniles2
Xuveniles

O BM Línea 21 A2iC Celulosas fixo historia esta fin de semana no pavillón do Gatañal en Cangas (Vigo), onde do 12 ao 14 de setembro xogou e logrou clasificarse para a Liga Ouro Xuvenil de Galicia. É un feito moi especial, xa que esta é a primeira tempada na que o club conta cun equipo xuvenil, formado por moitos xogadores que medran xunto ao club dende benxamíns.

Unha fin de semana para recordar
Na primeira xornada, o equipo estreouse cunha vitoria traballada fronte ao Balonmano Porriño (32-36). Aínda que houbo algún despiste e erro de pase, o conxunto mantivo o foco e fixo valer a súa pequena renda no marcador.

Na segunda xornada chegou un desafío complicado contra o potente Buenas Migas Luceros. Os integrantes do equipo mostraron unha actitude moi competitiva, gozando de cada acción en defensa e ataque e aproveitando estes encontros para seguir aprendendo e medrando (42-12).

Na última e decisiva xornada contra o Hiit Boxing and Gym BM Cangas, a defensa sólida e as ganas de gol foron claves para a victoria (20-30), cun triunfo que lles abre as portas da Liga Ouro por primeira vez.

Apoio e futuro prometedor
Durante toda a concentración no Gatañal, a afección acompañou ao equipo con moito agarimo, creando un ambiente animado e de moito apoio. Os rivais puxeron un nivel alto e desafiante que serviu para impulsar o noso crecemento e aprendizaxe.

Este éxito é o resultado dun traballo constante dun grupo que leva xuntos moitos anos no club, demostrando que o esforzo e a perseveranza sempre teñen premio. Agora chega a hora de continuar traballando, disfrutando e dando o mellor nunha liga que promete moitas emocións. Noraboa e moita sorte ao BM Línea 21 A2iC Celulosas nesta nova aventura!

COÑÉCENOS

Somos un club de Balonmán da cidade da Coruña no barrio de Novo Mesoiro

https://bmlinea21.es/wp-content/uploads/2025/03/footer-2-e1746551473324.png