I Torneo Medra con NÓS

15 de mayo de 2025
I torneo medra con nos Linea 21

Estimadas familias:

Dende o Club Balonmán Línea 21 temos o pracer de presentarvos unha nova actividade que nace co obxectivo de seguir medrando xuntos: o I Torneo Medra Con Nós.

Trátase dun torneo aberto a todos os nenos e nenas de entre 7 e 11 anos, tanto federados como non federados, organizado coa intención de achegar o balonmán aos máis pequenos, fomentar o deporte, a amizade e a diversión. Queremos crear un espazo de encontro no que cada neno e nena poida vivir a experiencia de formar parte dun equipo, xogar, aprender e sobre todo pasalo ben.

O formato do torneo é moi sinxelo e inclusivo: cada equipo estará formado por 2 xogadores/as federados/as e 4 amigos/as que ti elixas. Así, todos e todas teñen a oportunidade de participar, independentemente do seu nivel ou experiencia previa.

O torneo celebrarase no Pavillón de Novo Mesoiro, os martes e xoves de 17:00 a 18:00 desde o 3 de xuño. A gran xornada final para todos os participantes terá lugar o sábado 21 de xuño.

A actividade é de balde e pretende ser unha porta de entrada ao noso deporte, un primeiro paso para que moitos nenos e nenas descubran o balonmán e, quen sabe, poidan formar parte do noso club no futuro.

📝 A inscrición realizarase a través da seguinte ligazón :
👉 https://copafacil.com/medraconnos

Fecha limite de inscripcion 28/5/2025

Nesa páxina tamén poderedes consultar os horarios dos partidos, así como as clasificacións dos equipos ao longo do torneo.

Animámosvos a participar, a formar o voso equipo e a compartir esta proposta con outros nenos e nenas que poidan estar interesados.

Seguimos medrando, medra con nós. 

COÑÉCENOS

Somos un club de Balonmán da cidade da Coruña no barrio de Novo Mesoiro

https://bmlinea21.es/wp-content/uploads/2025/03/footer-2-e1746551473324.png