SENIOR
Bm Linea 21 Lignum Plus 29-27 Balonman Chapela. Encontro decisivo, que solo valia a victoria e tras un inicio moi bo marcando distancias no marcador, non fumos quen de seguir mantendo a distancia e irnos o descanso perdendo de 1. Tras a reanudacion a defensa incrementou a intensidade xunto coas paradas de Jaime e conseguimos irnos no marcador metendo unha distancia que a pesar dos erros finais conseguiron recortar pero mantivemos a calma para ganar o encontro. A falta de 3 xornadas esta todo por decidir para consolidar o posto na final four.
CADETE
BM Linea 21 clínica Arealonga 42 – BM Moaña 17. Maravilloso encontro dos nosos cadetes que nesta fase da competición están sendo quen de sacar o mellor de cada un.
INFANTIL FEMININO
Bm Linea 21 Mi barrio 27-26 Hotel Spa Bosquemar Rasoeiro. Ultimo encontro desta 2ª fase no que conseguimos unha victoria axustada, nos ultimos segundos con un tanto de Rachel que nos deu a victoria e asi acabar empatadas a puntos coa 1ª. Un ano increible para as nosas guerreiras que a pesar de ser o 1º ano nesta categoria e con todas de 1º ano, conseguimos facer grandes resultados e cada unha ir mellorando en cada encontro.
INFANTIL MASCULINO PRATA
BM Línea 21 Fixman 41-27 Rodeiro Cogal.
Nova victoria do noso equipo infantil masculino de prata colocándose líder do grupo e finalizando no posto 19° de entre 51 equipos de liga prata na nosa comunidade autonómica. Orgullosos do seu traballo e a sua constancia!
INFANTIL MASCULINO OURO
BM Línea 21 Transgalo 35-38 BM Xiria Garaysa. A pesares da derrota o equipo infantil de Ouro remata no 5° posto dándole o pase ó vindeiro 5-6 de abril a Final 4 onde xogará por unha plaza para o campionato Estatal. O obxetivo desta tempada está máis que conseguido. Agora só queda que os xogadores disfruten desta experiencia co que mais lles apaixona, o balonmán! Orgullo!
ALEVÍN 7
Bm Abegondo Momentos 12-4 Bm Linea 21 Auto Escola Copaco. Encontro complicado o que enfrontaron os nosos nenos onde a pesar de grande esforzo que fixeron non foron quen de acadar a victoria. Toca seguir traballando para preparar o próximo partido.
ALEVÍN 5
Bm linea 21 Academia Pluralia 4- Oar Ciudad 1952 12. Partido no que os nosos alevíns saliron con moitas ganas e poñendollo difícil aos do Oar, máis a baixada de intensidade xunto con erros derivados do nerviosismo fixo que a victoria non fora posible en ningún cuarto.
BENXAMÍN
Bm Línea 21 Wekco.Net 4-12 Colegio Liceo La Paz. Partido difícil fronte o líder da clasificación. Os nosos loitaron ate o final para intentar sumar algún punto pero non foi posible, hai que seguir traballando neste tramo final de tempada, este e o camiño a seguir.
Bm Línea 21 Mapfre Los mallos 12-4 Bm Pontedeume . Un bo partido de todos, comezaron a dalo todo, tanto en defensa como en ataque, o que levou a moi grandes resultados ao noso favor, unha vez máis nos mostran de que están feitos e dannos outra maravillosa vitoria